Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

TRESCENTAS FAMILIAS EN RISCO POLA LIBERDADE EMPRESARIAL DO LIBRE MERCADO

augasceives @ 14:19

traballadores e provedores de Marbar, en loitaSabido é que o volume dunha empresa é directamente proporcional á liberdade dos seus xerentes para especular, chantaxear, defraudar e facer impunemente o que desexen, malia que isto conleve graves prexuízos a terceiros. 200 empregados é un plantel considerábel, suficiente como para que o propietario da construtora Marbar, de Tomiño, poida desaparecer e deixar na rúa e sen nada a todos os seus traballadores, provedores e empregados destes.

 Logo de varias semanas en loita, hoxe tivo lugar na vila tomiñesa unha manifestación apoiada por máis de trescentas persoas para reclamar unha solución. Concretamente, e a falla de poder atopar ao indesexábel empresario, o que esixen é que o seu patrimonio sexa empregado para evitar que as empresas provedoras directamente afectadas se vexan abocadas ao peche e fiquen sen traballo os traballadores e afectadas máis de trescentas familias. Insisten en que a Xustiza debe intervir de inmediato e pór en marcha a lei concursal que designe un novo administrador para atopar unha solución a esta grave situación.O fuxido posúe un patrimonio que no seu día a CIG estimou en máis de dez millóns de euros, logo da acta notarial correspondente. Cómpre apuntar que o notario tudense solidarizouse cos traballadores condonando o importe da factura que lle pertencería cobrar. Segundo o documento, o patrimonio cuantificado e no que se apoian os traballadores e a CIG para afirmar que non se pode falar de insolvencia contén máis de vinte coches, diversa maquinaria, talleres, camións, elevadores, compresores, máquinas frigoríficas, equipos informáticos ou guindastres, entre outros.Como diciamos ao comezo, o volume dunha empresa é directamente proporcional á liberdade de corrupción do seu propietario. A súa estratexia é semellante en todos os casos. Planifican instalarse alí onde máis lles convén sempre sen atender ningunha outra razón, nin medioambiental nin de ningún outro tipo. O primeiro piar que levantan é a estratexia de chantaxe á administración correspondente –ben sexa local ou á mesma Xunta- “obringándoa” a cederlle canto esixan baixo ameaza de fuxir e deixar de crear unha morea de postos de traballo. Ao político correspondente non lle resulta nunca doado explicar porque deixou de crear eses postos de traballo, polo que cede e despois pode presumir precisamente de ser o artífice dese descenso do paro. A partires de aí, un regueiro de subvencións, cesións de terreo, licenzas, permisos e unha permisividade absoluta que elimina calquera posibilidade de sancións. Unha vez asentada e posta a producir e facturar, a empresa fuxirá cando queira a onde atope condicións mellores –man de obra máis barata, etc.- ou circunstancias máis interesantes, sen manter absolutamente ningún compromiso cos traballadores nin con ninguén, unicamente co seu peto. Esta é a descrición na maioría dos casos. Outras veces a situación é máis traumática e complicada, como a dos traballadores de Marbar.Dende aquí a nosa total solidariedade con eles!