Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

MÁIS CA UN PARTIDO

augasceives @ 10:52

galiza-o-mundial.jpgContinua a estrea nas diferentes modalidades deportivas da selección galega. Desta volta tócalle o fútbol sala(masculino), hoxe no pavillón da Malata comezará a rodar a pelota nun novo paso cara o recoñecemento oficial da Galiza dentro do mundo do deporte.

Siareir@s Galeg@s, o colectivo nacional que se mantén na loita pola oficilaidade, acompañará a estrea da selección de fútbol sala, o igual que fixo coas outras modalidades, baixo a reivindiación na rúa, no terreo de xogo e na festa-concerto que terá lugar na Fundación Artabria.

As 8 da tarde dará comezo a mobilización pola oficialidade nos cantóns ferroláns para dar paso o partido a partir das nove. A festa concerto no que estarán o grupo Arenga e o DJ Sem Fronteiras Sound Sistem comezará as 22.30 horas.

Por unha Galiza no mundial, hoxe e sempre estaremos coa selección galega!!!