AS FORZAS ESPAÑOLISTAS ESTRAGAN A FESTA DO NOSO DEPORTE
Onte producíuse o agardado debut da galega de futsal cunha contundente vitoria por 6 goles a 1 fronte ao combinado uruguaio. O encontro da Malata foi unha demostración da valía dos nosos xogadores, pero houbo algo máis...
A salientar o ambientazo na cidade ferrolá, cun pavillón cheo no que cómpre sinalar moi especialmente a mobilización de Siareir@s Galeg@s dende todos os puntos da nosa xeografía para seguir, coma sempre, apoiando aos equipos nacionais e reclamando a oficialidade.
Segundo nos contan dende Siareir@s Galeg@s, e como podemos comprobar na súa páxina web, a xornada foi boicoteada unha vez máis pola desproporcionada actuación das Forzas de Seguridade do Estado. Un tratamento impropio, con cordóns policiais e provocacións continuas, facían presaxiar que a non todo ía ser festa onte en Ferrol. Afirma SS.GG. que foron tratados "co obxectivo de trasladar a imaxe de ser unha especie de apestad@s ou perigosos criminais". Ao remate do encontro, as cargas policiais remataron con varios agredidos e contusionados e un membro do colectivo identificado. Dende Siareir@s Galeg@s esixen a depuración de responsabilidades e advirten que non tolerarán máis agresións.
Non é preciso reiterar o apoio de AugasCeives a S.G. e a repulsa ás actuacións policias e as impunes agresións continuas e cada vez máis inxustificábeis contra os movementos populares galegos. Nós imos alén e voltamos pedir explicacións aos responsábeis destes feitos, pois consideramos que alguén pode (e debe) pararlle os pés a uns individuos que, no momento da realización do seu traballo non se atopan en condicións normais. De aí a inexplicábel violencia coa que actúan. Isto non se atopa na axenda dos contendentes eleitorais e non figura entre os seus baleiros e ficticios debates. Que ten que dicir a Dirección Xeral de Deportes a isto? É posíbel seguir mantendo a calma diante destas continuas agresións? Que pasaría se Siareir@s Galeg@s decidira boicotear os actos da Consellaría de Cultura?


Chúzao
del.icio.us
