Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

XAVIÑA EN LOITA

augasceives @ 19:29

veciños de xaviña na manifestación do pasado 2 de marzoA conciencia crítica galega non se limita só aos movementos sociais das grandes cidades, ou a oposición a grandes proxectos de interese nacional. O espertar rural é un feito e se nos faciamos eco dos resultados que as grandes mobilizacións producen nos gobernantes, miramos tamén a mobilizacións locais que xa non permiten que os pequenos caciques de aldea poidan campar ás súas anchas sen render contar máis ca aos seus xefes de partido.

 

Onte, os veciños da parroquia de Xaviña (Coristanco) saíron á rúa para denunciar a actitude do alcalde da vila, Antonio Pensado (Partido Popular). A ninguén se lle escapa que esta época campaña eleitoral é á máis efectiva para denunciar e esixir, pois a sensibilidade dos políticos semella aumentar e a súa receptividade tórnase maior.

Os conflitos entre o rexedor deste municipio da comarca de Bergantiños e os veciños da parroquia de Xaviña teñen a súa orixe na negativa do gobernante a cumprir os acordos aos que chegara coa representación veciñal. A asociación de veciños Santo Tomé esixíralle a execución de varias obras necesarias, como a reforma da Praza do Transformador, da estrada entre Oca e Xaviña, o arranxo da escola ou do local social. A todos estes compromisos, o alcalde puxéralle data, mais non resultou ser máis ca novas mentiras e incumprimentos aos que os nosos gobernantes nos teñen afeitos. Se ben, hai que citar o local social comezou a ser reformado cando os veciños anunciaron das súas intencións de mobilizárense.

Este é un exemplo de pequenos movementos a escala rural, sen repercusión nacional, pero que adoitan ser unha boa fonte de obxectivos que se poden ir acandando. Os partidos entenden este tipo de oposicións como desgaste eleitoral, algo que non se poden permitir en tempos de campaña. Á mobilización de Xaviña acudiron máis dun cento de persoas, que supoñen un terzo da poboación total da parroquia.

Dende AugasCeives solidarizámonos cos veciños de Xaviña e apoiámolos incondicionalmente na súa loita!!