Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

04/03/2008 GMT -1

A MELLOR ARMA DUN POBO

augasceives @ 15:32

lingua.jpgEsa non é outra que a sua língua, o seu idioma, a sua fala. Por ahí é por onde a rancia España tenta de novo atacar ó noso pobo. Contan que a lingua de Castela está a ser atacada e perseguida na Galiza, que non se pode facer uso dela e que os nosos rapaces e rapazas non poden aprender o idioma do Imperio. Falan que ate as persoas que a esixen poden chegar a ser sancionadas. Seica todo iso pasa aquí na Galiza, onde dín que están sendo víctimas dunha persecución. Falarán desa mesma da que eles fixeron gala o longo da historia?

 Fan todo isto porque o traxe de víctimas sempre lles foi moi ben en periodos eleitorais, porque saben que provocando o pobo atoparán reposta e así poderan amosar ante a opinión (manipulada) pública que eles e elas son “perseguidos polos radicais”, o mundo o revés. 

 Por desgraza no noso país, nas nosas escolas, nas nosas universiadades o uso do galego (idioma do noso pobo) está en periodo de enorme retroceso, ano tras ano as estadísticas amosan o que todas e todos podemos albiscar botando un ollo o noso redor, mezclándonos co pobo. Sabemos que nas nosas aulas endexamais se cumpríu nin esa lei de mínimos que lle chaman de normalización ligüística, pois non se chegan nen a empregar a nosa fala nen na metade das horas lectivas. Por non falar das universiades galegas, onde o longo dunha carreira chegar ate un 10% de horas impartidas en galego pode ser toda unha ousadía. 

Pero eles seguen a inventar a sua particular historia, sabendo que nen con tódalas imposicións  conseguiron acabar coa nosa principal arma: o galego, agora botan man da estratexía que nunca lles fallou. Ate o presidente do PPdeG hoxe mesmo en Ourense empregou os dous idiomas nun deses circos eleitorais para demostrar que na Galiza "aínda coexisten dous idiomas". Que é o que buscaba con esta nova demostración da sua imaxinación? a bo seguro que seguir desempeñando o papel de víctima rodeado dos seus, que é onde atopa o entorno perfecto para manifestar a sua ignorancia. En donde viven estes españolistas que se din chamar galeguistas? 

O que non podemos discutir é que o papel de actor/actriz ou guionistas dunha película de ciencia ficción sempre foi o seu, pena que estén encontra do canon dixital pero ate pa iso non son moi avispados/-as.   

Canción pra cantar todos os días

Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, pelexóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos,cos porcos desertores repelentes,cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados,cos que intentan borrar a nosa fala.Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seriamos, sen fala, uns ninguén,unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, pobo común, vencello que nos xungue e ten en pé, herdanza secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe. Manuel María,De Cancións do lusco ao fusco 

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis