AGRESIÓNS MILITARES QUE SON PERIGOSAS PROVOCACIÓNS
Os recentes acontecementos nos que as forzas armadas colombianas invadiron territorio ecuatoriano e tralos que o propio Fidel Castro afirmou que soan "trompetas de guerra" son o argumento do artigo de Sabela Ferreirós.
Ao contrario do que acontece por estas terras, onde en tempos de campaña electoral a acción de goberno se paraliza e todo se centra na data das votacións, nos Estados Unidos as súas ansias imperialistas non minguan en campaña eleitoral. O dominio territorial e as manobras ianquis polo mundo adiante non cesan nin en pleno apoxeo das primarias nos dous partidos contendentes. A man negra que alimenta ao monstro israelí non deixa de ordenar medo, terror e morte en Palestina. A man negra permitíu a independencia de Kosovo por tratarse de territorio estratéxico para os seus intereses na zona. E agora, a man negra lanza unha ofensiva para tentar desestabilizar América do Sul agochándose detrás do títere Álvaro Uribe, único infiltrado na América bolivariana e revolucionaria que se ergue contra o colonialismo ianqui.
Sabido é que o Presidente colombiano actúa home de confianza de Washington entre os Chávez, Morales, Correa, etc. Ese é o punto no que se apoian as estratexias ianquis encamiñadas e derrubar os gobernos de esquerdas latinoamericanos que son incontrolábeis para Bush (e para o seu sucesor ou sucesora). A decisión de Venezuela de negociar coas FARC a liberación de reféns foi a excusa perfecta para que os imperialistas acusaran a Chávez de terrorista (abofé que nos é coñecida esta estratexia…). A decisión da guerrilla colombiana de procurar o camiño político para acadar a paz atopou de fronte coa idea de Bogotá, que en ningún caso establecerá diálogo por orde doa ianquis. Neste escenario a resposta imperialista foi a da provocación militar.
Colombia fixo unha máis das habituais incursións en territorio ecuatoriano para, desta vez saltar todos os límites e bombardear con artillería. Un ataque militar en toda regra. O resultado foi o asasinato dun dos líderes das FARC e ás poucas horas o presidente colombiano comparece para asumir toda responsabilidade e a autoría do asasinato. Estratexia milimetricamente estudada. Eran sabedores de que a resposta do ecuatoriano Correa non había ser morna, pero o que buscaban era a
resposta de Hugo Chávez, que coa súa habitual efusividade non tardou en avisar de
que o esa incursion en terreo venezuelano sería “causus belli”. No seu excéntrico “Aló Presidente!” (programa televisivo de dubidoso carácter democrático) ordeou en directo a mobilización de tropas cara a fronteira con Colombia.
Deste xeito, Chávez pasou á primeira plana nunha especie de ansia por liderar a necesaria resistencia dos pobos da América Latina, pois a reacción ecuatoriana resultou bastante menos mediática, malia ser o país agredido. Deste xeito, Washington-Bogotá presentan ao líder venezuelano como o perigo para o mundo, para o seu mundo, que sitúa ao borde da guerra aos pobos de América Latina. Occidente, Europa, atende fielmente a orde a enche as pantallas dos televisores coa imaxe Chávez dirixíndose a Uribe e co famoso “causus belli”.
Máis ca nunca, resistencia América Latina!!


Chúzao
del.icio.us
