Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O LEITE EN LOITA

augasceives @ 02:36

centos de gandeiros ocuparon as instalacións de Puleva, en Neda (6-3-08)O exterminio que dende hai varios lustros está facendo esmorecer os nosos sectores produtivos afecta de maneira moi especial ao agro. Os produtores ven como os intermediarios inchan os seus petos e os seus beneficios non aumentan ao tempo que o seu traballo non diminúe, por deixar unha valoración xenerosa. O sector leiteiro é unha das principais vítimas, que dito sexa, tampouco atopa oco nas campañas eleitorais estas que vimos padecendo. Os prezos do leite na súa orixe caen estrepitosamente e as multinacionais e grandes areas comerciais multiplican vertixinosamente as súas ganancias.

Un dos sectores historicamente punteiros da nosa economía esmorece e os gandeiros non saben a que mirar. Ou si. Saben, sabemos, que ocupa a Consellaría do Medio Rural, que prorroga a política-ficción da anterior Consellaría de Agricultura. Porén, Quintana, dille aos seus (que son os que os escoitan) que o Estado atende máis ao aceite ca o leite. E que agardabas, Anxiño? A ver se cando o BNG sexa "forte en Madrid" se lle pon remedio a esta situación...

O caso é que os tres sindicatos agrarios do país (Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego) convocaron unha mobilización en Nadela (en Lugo) para protestar pola decisión da multinacional Puleva de diminiuír o prezo que pagan polo leite aos produtores en 6 céntimos o litro. Así, sen máis, porque a eles lles parece! A resposta foi masiva e concordante coa gravidade do problema: máis de tres mil persoas acudiron á chamada e desprazáronse até o Norte.

Non van asumir o recorte unilateral  e prepotente (Pascual e Leite Celta anunciaron senllas baixadas de 3 ctms/l) que, de ir adiante, aplicaríase xa nas facturas deste mes de febreiro que vén de rematar. Os gandeiros cortaron a estrada N-VI e, "escoltados" como de costume polas Forzas Armadas do Estado, aturaron tamén as preceptivas cargas porque si. Nos forcexeos, un grupo conqueríu rachar o "cordón de seguranza" e accedeu ao interior da factoría de Puleva. Alí deixaron claro que non van permitir este abuso...

A mobilización, que ademáis estaba apoiada pola Federación de Produtores Lácteos de Galiza, amosa a unión do sector que anunciou xa que as medidas endureceránse se o vindeiro día 13 non existe solución. O perigo que entrana esta medida é que o efecto que produce é "dominó" e as industrias da competencia rematarán por reducir tamén os prezos que pagan en orixe, sendo os produtores os únicos afectados. Os prezos do gasóleo e dos cereais seguén cara arriba, quen sobrevive aquí?

Nin un paso atrás!