PODER POPULAR
Temos connosco máis unha vez a opinión de Ánxo Berres, fai un chamamento a consciencia social do noso pobo para xuntar forzas cara a meta común que debemos alcanzar.
Estou Farto de parodias e farsas de titiriteir@s, do ruido asoballador do kalashnikov que procura votos-úteis, dese mísil igrexa-PP de gran alcance, do estoupido de promesas e inauguracións, de guillotinas made in spain arrebatadoras do futuro de pobos enteiros, de debates taberneiros no que a verdade xira entorno o que dixo a telemerda, a imprensa ou o transistor, de Constitucións inamovíbeis herdanza de asasinos, de monarquias impostas, da liberdade de mercado, da xustiza da sua Audiencia Nacional, da falla de orgullo propio colectivo, da crítica-destructiva que combate o compromiso.
Farto porque mentres continua a función no circo dos poderosos, coas suas artes de innotización masiva, por outra banda, segue a medrar a presión e acoso que sofren os movimentos populares e as persoas que defenden posturas encontradas cos intereses dos grandes poderes económicos, en consecuencia políticos. Avanzando así cara a destrucción dos pobos que polo momento resistimos na lenta agonía que ainda nos permiten as cadeas do capital. Non atopamos no camiño marcado o punto de encontro onde as posturas da consciencia social atopen refuxo para argallar a defensa dende un movimento forte, galego e popular. Posturas que ergan e arroupen a voz dos que seguen a ser torturad@s por chamarlle ás cousas polo seu nome, a es@s que o fan alí lonxe de estrados e de papeis asinados cheos de palabras que leva o vento. Falo d@s que teñen o valor suficiente para seguir saíndo á rúa nestes tempos que corren, seguindo en pé! alí onde a resposta popular sempre tivo maiores consecuencias. Salgamos á rúa, recuperémo-la, debe voltar a ser nosa e non agardar a que unha nova gran desgraza que desprestige a nosa Terra nos volte a faer sair. Botémos-lle unha man @s que endexamais comprenderon a luita sen a rúa, porque est@s son hoxe pouc@s, moi pouc@s para os problemas que asolagan o noso presente e o noso futuro.
Veñen agora o meu recordo as conversas que tiña co meu amigo e veciño Manel o redor da lareira que quentaba a sua cociña. Él era un gran coñecedor da resistencia antifascista dos maquis, resistencia que durou máis de vinte anos na Galiza, primeiro organizada en guerrillas e logo isolada do exterior dende o comezo da Guerra Fría para acabar sendo abocada a un proceso de esfrangullamento e aniquilación que rematou coa caza final dos fuxidos dende a execución do Foucellas até o acoso e morte do Piloto en Belesar, xa nos sesenta. Manel, naquelas conversas cheas de ensinanzas de luita e resistencia, sempre remataba empregando a chamada o combate daqueles homes que endexamais abandoaron a sua Terra para facer fronte o inimigo:
“a única loita perdida é a que se abandoa”.
*adícado as vinte persoas da militancia independentista sancionadas recentemente durante a campaña de represión-económica levada a cabo pola "Subdelegación del Gobierno de España", homes e mulleres pertencentes os centros sociais Revolta, Faísca,e Cova dos Ratos, O Foro da Mocidade de Vigo, a Comisión contra a Macrodepuradora de Coruxo,a plataforma a Ría Non Se Vende, o colectio Precárias em Luita e a entidade autodeterminista Causa Galiza.


Chúzao
del.icio.us
