Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

25/03/2008 GMT -6

COMO CREAR 27.700 POSTOS DE TRABALLO

augasceives @ 17:51

 A loita contra a precariedade laboral é un dos discursos máis repetidos nos gobernos “progresistas” desta nova pseudoesquerda. Ao tempo, é tamén un dos incumprimentos sistemáticos máis repetidos pois esa “loita” queda en boas palabras e intencións para a prensa, nunca en accións efectivas. Un recente estudo vén de revelar que no sector da construción as horas extras que se traballan ilegalmente evitan a creación de máis de 27.700 postos de traballo no noso país.

 Os datos tíranse dun estudo realizado polo sindicato español CC. OO., en concreto da súa Federación da Construción, Madeira e afíns. As cifras son abraiantes, falan de 484 millóns de horas extras ilegais ao ano no Estado Español. En Galiza, se os traballadores da construción traballaran as 40 horas semanais regulamentarias sería precisa a creación deses 27.700 novos postos de traballo dos que falabamos no comezo. Tan só co cumprimento da lei, estaríase loitando contra a precariedade laboral e facendo descender os números do paro. Mais como sempre, isto é moito pedirlle a estes novos gobernantes de esquerdas pois iso suporía prantarlle cara aos empresarios e pórlle freo ao libre mercado deste abafante capitalismo.


No sector da construción, especialmente, o habitual establecido son xa as dez horas diarias, non sempre debidamente declaradas e remuneradas. As cegas inspeccións de traballo (sendo xenerosos e dándolle o beneficio da dúbida á súa propia existencia) non só o permiten senón que son os as propias administracións as que o consenten mesmo en obras públicos. Aquí, coma noutros eidos, o colectivo de inmigrantes é de novo un dos que máis padece as bondades deste estado do benestar, da democracia e da Constitución de libres e iguais…

Está claro que estes datos non están lonxe da realidade, abonda botar un ollo ao noso redor para comprobalo. Cando non podemos mesmo comprobalo no noso propio pelexo... O que non encaixa nesta nova é que sexa precisamente o sindicato Comisiones Obreras o que publica estes datos, cando en boa medida contribúe a ese "diálogo social" e a eses pactos nos que, curiosamente, nunca a patronal sae malparada.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis