Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

07/04/2008 GMT -2

INQUISIDORES DE CARICATURA

augasceives @ 13:00

brilat-fora.jpg É esta a particular forma de facer política dende a meseta para así controlar a cidadanía de todo o estado. A misiva é clara, o uniformismo é a meta, as armas empregadas para alcanza-lo rodéanos de maneira tan abafantemente normal que o día a día de todos e cada un de nós está constantemente ameazado e dirixido polos seus arrogantes xuizos sociais, perdón, deberiamos dicir políticos.

 Coñeciamos a semana pasada unha nova reposta do réxime español fronte a ese dereito constitucional chamado Liberdade de Expresión, concepto do que só poden botar man os controladores de opinión, aqueles que seleccionan o que é noticia e os termos nos que se debe reproducir. Valga coma exemplo a publicación daquel debuxo que un xornal danés fixo dun Mahoma de terrorista, a “prensa libre” europea, e por suposto a española, botaba as mans a cabeza ante a agresión que a comunidade musulmán quería acometer sobre a famosa liberdade de expresión logo de plantexar o problema que suscitaba o devandito debuxo. Outravolta, outro exemplo, fai uns meses aparecía unha pancarta no estadio de futebol de Pasarón que pedía “a volta á sua casa” das forzas armadas españolas, mais concretamente da BRILAT. As persoas que facian libre exercicio do dereito a “liberdade de expresión” (según o réxime este concepto non é aplicábel a este exemplo) víronse rodeadas de axentes da policía española que apartándoos do resto de afecionados/-as leváronos fora da grada para seren identificados. A semana pasada coñeciamos que a "Comisión contra a Violencia, a Intolerancia e a Xenofóbia no Deporte" pide unha sanción económica duns 12000 euros para estas persoas.

Dentro da mesma onda expansiva-represiva, neste estado no que a liberdade de expresión segue a ter diferentes interpretacións dependendo quen sexa a persoa ou colectivo que bote man dela, sete persoas relacionadas con Causa Galiza serán xulgadas este mércores, 9 de abril, acusadas de lesionar a un axente antidisturbios durante a concentración que esixía a liberdade dos catro detidos pola queima dunha imaxe dun cidadán español logo da manifestación nacional do 6-D. Coma sempre, nesta costume tan meseteira de darlle a volta a “tortilla-española”, convertirán as víctimas en agresores…nada novo neste estado de caricatura.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis