Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A MATANZA DO COUREL

augasceives @ 15:01

A plataforma SOS Courel remítenos dúas mostras gráficas do que está a acontecer nun dos conflitos de máis latexar arestora no noso país. A destrución da Serra do Courel protagoniza dúas reportaxes do programa ambientalista "El escarabajo verde", da televisión pública española. Son dúas mostras da realidade social á que de costas segue a permanecer a administración galega, concretamente a Consellaría de Medio Ambiente do Sr. Manuel Vázquez, tan capaz para conselleiro como para astronauta...

Este é un dos casos máis salientábeis da rede Galiza Non Se Vende por ser un dos máis sangrantes da nosa terra. Ao igual ca con todos os outros, a Xunta ofrece... mentiras! Antes de ver os dous máis ca recomendábeis vídeos é preciso dar a coñecer as aclaracións que dende SOS Courel desexan facerlle ao Conselleiro de Medio Ambiente. Ao ver os vídeos enténdese.

  • No Courel hai varias canteiras activas na Rede Natura
  • No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar na Rede Natura
  • Non sabemos de ningunha concesión anulada pola Xunta, díganos cales!
  • Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acabn de "regalarlle" unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e 22 quilómetros, coa que están desfacendo a metade da Serra.
  • Mentres, a estrada dos veciños cara a Autovía leva cinco anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado dun total de catorce, e case sempre está cortada.
  • Están cometendo vostedes un erro histórico gravísimo, fíxese que só falamos de salvar un terzo do Courel.

Pola nosa banda só engadir que o resumo perfecto é a frase coa que remata o segundo vídeo: "...A Campa traballa todavía sen licenza de apertura, algo ilegal e co que se podería pechar calquera negocio". Recomendamos ver os dous vídeos (de pouco máis de dez minutos cada un e en castelán) e "sorprenderse" con como se repite a historia, que grande grupo manexa a política da Xunta e que caixa galega move os fíos dende a sombra...

PREME AQUÍ PARA VER OS VIDEOS (selecciona despois parte 1 ou 2)

Non á desfeita do Courel!!

Xunta culpábel!!