Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

STOP MONTAXES POLICIAIS!!!

augasceives @ 07:14

O aparato xudicial non puido saciar, desta vez, a sede represora da policia española. A sua montaxe, unha outra vez, non houbo forma de demostrala. As sete persoas imputadas por presunta agresión a un antidisturbio quedaron libres de cargos ante a imposibilidade dos represores de demostrar un só indicio dos feitos que denunciaban.

fronte-a-fronte.jpg

O que según a policía español ocorreu a tarde do 6-D foise desmontando segundo os acusadores ían abrindo a boca, chegando a afirmar que as/-os sete acitivistas de Causa Galiza arroxaran pedras o cordón policial, queimaran contenedores e agrediran a un axente da orde (imposta).O aparato xudicial non logrou entender como os/-as membros/-as do corpo armado non identificaron a ningunha persoa aquela tarde sabendo que a concentración prolongouse dende media tarde ate a noite.

 

 No xuizo non estivo presente nen o axente agredido, o compañeiro deste, que tivo que facer o papel que o sistema lle esixe a cambio de salario, identificou sen problema algún as sete persoas imputadas recoñecendo que frecuentaban ese tipo de concentracións. Nengunha persoa imputada recoñeceu o axente e afirmaron que endexamais os identificara o cal demostra, unha vez máis, a existencia dun ficheiro policial con información das persoas que forman os movimentos sociais nacionalistas e no que pa formar parte del nen tan sequer teñen porque chegar a ser identificadas.

 

Xustiza e policia, que na sua loita contra as ideas contrarias o uniformismo sempre camiñaron da man, víronse acorralados na sua propia montaxe. O circo dos represores serviu para que os presentes na sala non aguantasen as gargalladas nunha mañá na que o mellor que pudieron facer os servos do poder  era quedar na casa coma o presunto agredido. Esta é outra demostración das montaxes policiais, desta vez non atopou o amparo da xustiza porque non había forma, porén as máis das veces este tipo de atropelos rematan con sancións económicas ou incluso con penas de cárcere para aquelas persoas que dende a Galiza, e outras partes do estado, exercen o seu dereito a expresarse libremente… disque nun estado libre!