Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

QUE PASA EN CANGAS?

augasceives @ 18:13

As redes do poder cobizan os máis prezados terreos do país para asentar os seus máis lucrativos negocios, independentemente de calquera outro factor medioambiental, social ou mesmo simplesmente racional. En Cangas a ameza é que o poder político ceda ás presións dos grupos económicos máis fortes e remate recualificando a antiga conserveira de Massó, no Salgueirón. Os soños dun grande Porto Deportivo que suporía un inmenso recheo e afectaría á saúde da ría e do litoral están moi presentes nos intereses dos grupos de presión.

 Con nome e apelidos: Puentes y Calzadas. Están a empregar as súas mafiosas estratexias para conquerir que se mude a cualifiación da zona e se converta así en “residencial” (cando agora é “industrial”) habendo deste xeito vía libre para unha super urbanización de luxo.


DOMINGO 20, ÁS DOCE NA ALAMEDA VELLA DE CANGAS. MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO LITORALO urbanismo cangués está en mans de quen de primeiras puidera ser sensíbel ás esixencias sociais e anticapitalistas. ACE ten prometido consensuar o PXOM cos colectivos cidadáns e mesmo se pronunciou en contra da privatización do Salgueirón; a postura dos demais grupos políticos municipais non varía da que coñecemos no resto de Galiza: ambigüidade do BNG e proespeculativa de PP e PSOE.

Recentemente hai sinais que ameazan co comezo das obras dun proxecto contra o que a maioría consciente canguesa e galega se opón frontalmente, por inxusto e ilegal. Unha vez máis, e isto repítese con demasiada frecuencia, as nosas mellores paraxes corren o risco de seren sacrificadas para uso e disfrute da burguesía adiñeirada en moitos casos provinte de latitudes afastadas. Segundas residencias baleiras durante o inverno mentres nós non podemos pagar unha humilde vivenda coa suor do noso traballo, campos de golf que necesitan inxentes cantidades de auga para seren mantidos e que á súa vez manteñen as ansias dos máis desprezábeis.

Pero por se fora pouco, posto que esta descrición poderíase copiar textualmente de outros múltiples casos, o particular ao que nos referimos afecta moi especialmente á Ría de Vigo. Coa xa pesada lousa do recheo de Bouzas, a construción do Porto Deportivo nunha zona de pouco calado ameazaría seriamente o réxime de correntes e polo tanto a dinámica da propia ría, da que depende a economía de milleiros de habitantes. Habitantes, por outra, que na súa inmensa maioría non han disfrutar dos elitistas proxectos que se pretenden erguer.

A loita capitalízaa o Foro Social de Cangas, un dos principais actores do movemento veciñal en terras do Morrazo, xunto a A Ría non se Vende. Dende a comarca convocan un grande manifestación para o vindeiro DOMINGO 20, ás DOCE DA MAÑÁ na ALAMEDA VELLA de CANGAS.

Paremos a especulación e sinalemos aos corruptos.

A ría non se vende!

Cangas non se vende!

Galiza non se vende!