HOMES CONTRA MÁQUINAS, DIGNIDADE CONTRA ESPECULACIÓN
Onte tiña lugar na Alameda Vella de Cangas a concentración contra a recualificación especuladora dos terreos do Salgueirón que convocaran A Ría non se Vende, Galiza non se Vende e o Foro Social de Cangas. Congregáronse centos de persoas que estaban a representar a sociedade galega consciente contra as manobras corruptas dos nosos gobernantes. Son ramificacións ao longo da nosa xeografía daquela grande do día 17 de febreiro en Compostela.
Esta mañá ían ser retomadas as obras dos arredores da fábrica de Massó. Dispúñanse a acceder unha escavadora e varios automóbiles con traballadores. Non lles foi posíbel. Veciños e veciñas de Cangas concentrados atendendo á chamada do Foro Social bloquearon o acceso e non lles permitiron iniciar a desfeita salientando de novo a oposicion ao proxecto especulativo. Cómpre salientar a ausencia de Clara
Millán, noutrora presente nas mobilizacións do FSG. O seu novo posto de traballo impídelle asistir a este tipo de actos e mesmo a súa posición con respecto a este asunto, ao igual ca outros moitos, mudou.
Clara Millán é a alcaldesa de Cangas, do BNG. Agora, dende a alcaldía, xa non é tan grave a construción dun Porto Deportivo e de vivendas de luxo a esgalla.


Chúzao
del.icio.us
