XABIER GÓMEZ NOIA: SUPERIOR

Xabier Gómez Noia impúxose cunha superioridade insultante na proba da Copa de Europa celebrada esta fin de semana en Pontevedra. Demostrou unha vez máis que é o mellor do mundo nesta especialidade e claro favorito para conquerir o ouro nos XX.OO. de Beijing do vindeiro verán.
O deportista ferrolán entrou na liña de chegada en solitario, agradecéndolle e aplaudíndolle o seu alento á afección galega que encheu as rúas de Pontevedra. A proba desputouse nunhas condicións climatolóxicas moi adversas, que incluso provocaron algún esvaecimento entre as participantes en categoría feminina. Xabier Gómez Noia entrou saudando aos siareiros na derradeira volta e malia iso gañou cunha fenda de case medio minuto sobre o segundo; por se fora pouco, sufríu unha picada na roda durante a carreira en bicicleta á que se repuxo e que non lle supuxo maior inconvinte para arrasar literalmente e amosarrlle unha vez máis a quen quixera entender que é o mellor.

A selección galega vestía de negro diferenciándose así do resto do combinado estatal, mais no seu peito víase grande a lenda "ESP". O deporte español presume así dun campión máis entre o seu nutrido feixe de deportistas punteiros en case todas as modalidades deportivas. A Federación Española de Triatlón e o CSD miran agora fachendosos como o deportista que maltrataron, desprezaron en perseguiron gaña e ergue trunfos baixo o equipo español. Deberían sentir vergoña polo que fixeron, agora si é apto para competir, agora que lle fornece presitixio ao deporte español, agora que han poder presumir de medalla olímpica española o vindeiro verán.

Velaquí o resultado dos demais galegos e galegas que competiron o pasado sábado en Pontevedra. Parabéns a todos!!
HOMES:
1º Xabier Gómez Noia
26º Xesús Gomar
39º Oscar Vicente
48º Alberte Trillo
57º Borja Conde
MULLERES:
25ª Estefanía Domínguez
Abandonaron: Aída Valiño, Saleta Castro, María Martínez e Alba Cuba


Chúzao
del.icio.us
