Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

23/04/2008 GMT -6

OS EFECTOS DA COLONIZACIÓN

augasceives @ 17:15

Hai ano e medio a estrutura empresarial e económica galega sufríu un importante golpe chegado dendo onde adoitan chegar as malas novas para os nosos dereitos socioeconómicos: Madrid. Jove, o presidente de Fadesa vendíalle parte da inmobiliaria a un dos grandes "capos" do empresariado español: Fernando Martín.

 

A empresa galega, con sede na Coruña, contaba daquela con catrocentos empregados. A nova causou grande impacto entre os medios e os sectores dirixentes da sociedade galega. Houbo numerosas e sonadas xuntanzas nas que participara mesmo o Presidente da Xunta e das que se tiraban sempre as mesmas conclusións: unicamente promesas. Promesas de que nos se deslocalizaría a empresa, de que non afectaría ao cadro de persoal, de que non tería incidencia negativa na nosa economía... Ben é sabido que tan só puido ser enganado o que seManuel Jove deixou enganar. Quen aínda lles concede crédito a gobernantes e empresarios cando falan de protexer á clase traballadora?

O millonario galego Manuel Jove prometía investir en Galiza, pensar novos proxectos no país que puideran beneficiar aos traballadores galegos. Cos petos cheos logo dunha grande operación ao vender a súa empresa xusto antes de que se promocionara "a crise" aos catro ventos, o tempo foi pasando e dos investimentos coñecidos do Sr. Jove cómpre salientar a entrada no accionariado do BBVA e a creación do grupo Inveravante. O seu novo pasatempos adícase a realizar investimentos, así sen máis, co principal obxectivo de amorear riqueza ...nos seus petos. E isto non o dicimos nós, pódese atopar no seu web: "Ambición: clara orientación a resultados superiores". O que non atopamos por ningures é o suposto compromiso con Galiza, comezando pola ausencia da nosa lingua na súa páxina na rede.

martinsa-fadesaPola súa banda, mentres isto se ía xestando, o novo monstro empresarial Martinsa-Fadesa continuaba a súa expansión cun volume de negocio no que unha grande porcentaxe se situaba no estranxeiro do Estado Español. O ano pasado rematou cunhas medras do 11% no seu beneficio, acadando os 271 millóns de euros. Crise inmobiliaria?

Hoxe, dos catrocentos empregados que Fadesa tiña en Galiza quedan pouco máis de douscentos. E os despedimentos, traslados, recortes e demais eufemismos que agochan perda de postos de traballo continúan. Medran os beneficios e a expansión pero minguan os empregos. E perante isto, o goberno parásito da Xunta de Galicia continua enleado nas súas finxidas desputas internas e non internas. Os partidos gobernantes non din ren en defensa dos traballadores galegos, porque non son quen de enfrontarse a un grande empresario, e moito menos se é de Madrid.

Eles non fan nada por deter a colonización que neste exemplo nos afecta máis directamente ca nunca. Eles espallan o proceso desgaleguizador da nosa economía. Eles dispoñen dos fondos públicos cos que subvencionan indiscriminadamente a empresas que teñen nestas prácticas feitos habituais.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis