Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

NEGROS ULLA E MIÑO, AQUÍ NON PASA NADA!!

augasceives @ 13:04

Esta fin de semana voltabamos ter coñecementos de dous atentados ecolóxicos graves contra as augas do noso país. Lembrabamos imaxes pasadas co fuel ennegrecendo as nosas praias, pero desta vez as imaxes tiñamos que localizalas no interior, en dous dos principais ríos do noso país: o Miño e o Ulla.

 

No caso do primeiro, era un depósito do ADIF (de novo estas fatídicas siglas son letais para a nosa terra) en Ourense o que ciscaba milleiros de litros de gasóleo á rede de sumidoiros, que ían cara o grande río galego. O organismo ferroviario dependente do Ministerio de Fomento tennos amosado xa noutras ocasións a súa prepotencia corrupta e desta vez non desaproveitou a oportunidade para reiterala. Malia que o vertido se producía xa o sábado, o ADIF non comunicou a incidencia e foi o propio Concello de Ourense, alertado pola veciñanza, o que detectaba a fuga. Responsabilidades?

Por outra banda, tamén esta fin de semana tiñamos que lembrar imaxes do pasado. Concretamente as do Umia tinguido de azul en Caldas de Reis hai ano e medio cando un pranta química dunha grande multinacional estouraba vertendo morte ao río. O sábado en Padrón, unha factoría do coñecido grupo Cortizo cuspía petróleo ao Ulla, que o espallaba durante cinco quilómetros até Dodro.

Nos dous casos sabemos que as correspondentes administracións competentes van tomar ningunha medida alén das estritamente publicitarias. Nun caso sería contra o propio Estado Español e no outro contra un importante grupo empresarial que respostaría de inmediato coa arma da chantaxe en calquera dos múltiples frontes cos que pode ameazar ao Goberno Galego. O que tampouco se fará será explicarnos porque esas potenciais bombas contaminantes se asentan á beira dos ríos.

Consecuencias?

Responsabilidades?