Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

30/04/2008 GMT 2

ENSINO NA RÚA

augasceives @ 13:30

Mestres e alumnos ensinaron onte nas rúas de Compostela o seu rexeitamento ás políticas que se pretenden levar a cabo e que lles afectan directamente. Os mestres saíron para oporse ao novo decreto de Bacharelato que prepara a Xunta e os alumnos para rexeitar a imparábel suba de taxas.

 

Compostela, 29 de abril '08A Consellaría de Educación plantexa no novo Decreto a redución dunha hora nas materias de Filosofía, Educación Física e Historia. Ensinantes destas materias, convocados pola CIG e STEG, manifestáronse contra esta reveladora idea que nos achega ao que para a conselleira é educación. Pola contra non fala de suprimir a materia de relixión, propia do adoutrinamento franquista nas aulas e unha das medidas que se colou nesta Democracia pola vía da Transición. É absolutamente intolerábel que a estas alturas se continúe nesta situación nun Estado que se di laico. Os sindicatos convocantes propoñen sacar fora do horario escolar a materia de adoutrinamento relixioso ou pasala ao segundo curso de bacharelato, respectivamente cada un dos sindicatos. Dende AugasCeives: "educación nas escolas, relixión nas igrexas!!"

Doutra banda, o alumnado. Convocados polos CAF manifestáronse nos campus galegos para oporse ao sétimo ano de subida das taxas das matrículas universitarias. Dun 4% na primeira até máis dun 50% a partires da cuarta. O ensino público non é compatíbel con estas medidas que pouco teñen de "sociais". A Consellaría de Educación non pode perpetrar este roubo aos estudantes e ás economías familiares, en plena crise económica e coa conxelación salarial como norma. Unha media de 120 euros nos últimos anos é a suba rexistrada.

Un goberno non aposta polo talento subvencinando unicamente grandes empresas coa excusa do investimento en I+D+i, cousa ao que para nada rexeitamos sempre e cando estas inxeccións económicas sexan xustas e merecidas e non resposten a criterios políticos ou arbitrarios. O que é de reclamar é que se perfeccione ao máximo o sistema educativo evitando políticas como as dos dous casos que enchen estas novas.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis