Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

18 DE MAIO

augasceives @ 19:43

Lonxe dos actos publicitarios que o Día das Letras Galegas lles inspira aos nosos gobernantes, o vindeiro domingo o pobo galego vai saír á rúa en defensa da súa lingua. En defensa dos seus dereitos, POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO! Será ás doce da mañá na Alameda da Capital de Galiza.

 

Antes de nada é de xustiza parabenizar á Mesa pola Normalización Lingüística, convocante da manifestación e que encabeza e pon cara ao movemento pola lingua, con numerosísimas entidades detrás facendo o imprescindíbel e cotiá traballo de base por todo o país. Tamén a mensaxe para os que acusando por acusar, dubidan en apoiar a mobilización detrás do pretexto dunha opción ortográfica distinta pero que se consideran os verdadeiros e únicos defensores incorruptíbeis da nosa lingua. Estamos a falar da nosa lingua, da contraofensiva que é máis necesaria ca nunca perante os ataques españolistas e a pasividade da Xunta. O domingo debe ser unha manifestación de forza, para deixarlles ben clariño que non imos dar nin un paso atrás, que non van conseguir arrecuarnos cos seus autobuses nin coas súas demandas xudicias. Vai ser tamén un día para lembrarlles aos do "coche oficial" que non confiamos neles, que estamos sós pero que non precisamos da súa hipocresía. Imos reafirmar que este pobo leva séculos sendo o garante de supervivencia da súa lingua e que así vai seguir sendo.

Aínda estades a tempo de apoiar (nos xa o fixemos) o manifesto que a Mesa pola Normalización Lingüística elaborou con motivo da manifestación e que recolle, moi brevemente, as razóns polas que o DOMINGO IMOS ESTAR EN COMPOSTELA.