TODOS OS DÍAS DO ANO
O pobo galego non se vai render tan facilmente fronte ás imposicións externas nin fronte ás incopentencias internas. O día de onte lembrounos moito a aquel 17 de febreiro no que saímos á rúa en defensa da nosa terra. O motivo onte era o noso ben inmaterial máis prezado: a nosa lingua.
Esiximos o noso dereito a vivirmos plenamente en galego. Os poderes públicos teñen a obriga de garantírnolo e non imos permitir máis ataques gratuítos nin terxiversacións dunha realidade á que lle queda aínda moito por avanzar no camiño normalizador. Non é doado -como sempre nestes casos- dar cifras reais de asistencia. A praza da Quintana chea é unha boa forma de describilo, máis o medio milleiro de colectivos e entidades do país que apoiaron o manifesto convocante tampouco é mal xeito de contar quen -dun ou doutro xeito- estivo onte en Compostela.
A diferenza da mobilización de GNSV, onte vimos entre a xente aos habituais oportunistas que presumen do que non fan. O preceso normalizador non pode admitir mornezas nin flexibilidades, compre intolerancia nalgúns casos porque estamos a falar da supervivencia da nosa lingua e da salvagarda dos nosos dereitos. E en moitos casos non detectamos esa determinación en quen se di "nacionalista".
Por enriba de todo, o que queda agora é seguir na loita todos os días do ano.



Chúzao
del.icio.us