NA RÚA POLA RÍA
Corremos o risco de parecer un xornal de manifestacións cando os luns contamos as mobilizacións que cada fin de semana saen ás rúas do país para reclamar ou defender causas xustas e necesarias. Hoxe non ía ser menos. Onte máis de oito mil persoas percorreron Vigo contra os planos que pretender destruír a Ría de Vigo con fins especulativos.
Os gobernantes adoitan falar de consenso para referirse ás non tan raras ocasións nas que eles se poñen dacordo. O consenso non inclúe a opinión cidadá, e como non pode ser doutro xeito, o pobo responde na rúa. A plataforma A Ría non se Vende (integrante do grande movenento ecoloxista nacional GNSV) convocou esta manifestación contra as privatizacións que pretenden roubar espazos públicos, a construción de macrodepuradoras e demais intencións destrutoras da nosa paisaxe.
Os colectivos integrantes da plataforma valoraron de xeito máis ca positivo a resposta á manifestación. Pola súa banda, o Conselleiro de Medio Ambiente, posibelmente o peor dos que forman a Xunta de Galiza e o máis continuísta das políticas anteriores, ignorou de novo as mobilizacións cidadás e non amosou nin a máis mínima intención de rectificar. Asegura que non han variar os seus planos.


Chúzao
del.icio.us
