Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

27/05/2008 GMT -4

OS ENTRESIXOS DO SISTEMA

augasceives @ 19:14

Das redes do sistema saen ás veces datos que nos refregan a realidade polos nosos fuciños. Hoxe mesmo puidemos coñecer algúns datos financeiros do “tripartito do Horreo” e o endebedamento coas dúas principais entidades bancarias galegas.

 

PSOE, PP, BNG, Caixanova, Caixa Galicia e uns cantos empresarios máis (coas súas respectivas entidades) manexan todas e cada unha das decisións nos afectan e son, na maioría dos casos, axentes principais e culpábeis de moitas decisións aparentemente inexplicábeis e na meirande parte dos casos prexudiciais.

Anxo Quintan e Xosé Luis MéndezO BNG débelle máis de 3,7 millóns de euros ás dúas caixas galegas citadas. O PSOE “só” 870.000 € e o PP, 292.000 €. Como se explica isto? Ademais da escandalosa diferenza que as “dinamizadoras socias” fan cos partidos políticos e cos seus clientes (especialmente cos de menos potencial económico), podemos buscar algunha outra razón. O ascenso aos ceos do poder do Bloque levouno, por unha banda, a ter maior respaldo fronte ás entidades prestatarias; e pola outra, a precisar maiores fondos para pórse á altura dun partido de goberno, referímonos a campañas publicitarias, etc.

Como explicamos entón a diferenza entre o BNG e os outros dous partidos no que a endebedamento se refire? Parece sinxelo. O sempre escuro asunto do financiamento de partidos está detrás. Os “dous grandes” baséanse fundamentalmente nas achegas particulares, tanto da afiliación coma de empresas privadas. Os escuros negocios están detrás e o pago de favores e intereses sosteñen estas millonarias cifras. O BNG é novo aínda neste mundo dos grandes e escuros negocios que fan “por detrás”, pero polo que se ve está a aprender ben axiña. Ben é certo que ten ao seu carón uns verdadeiros mestres no que a asuntos turbios se refire…

Feijóo e Méndez

As redes traseiras que estes negocios e pagos de intereses xeran explican moitas veces algunhas das decisións máis incomprensíbeis aos distintos niveis e nas distintas administracións. Moitas veces entenderiamos de xeito máis doado algúns conflitos se coñecésemos quen está detrás deles, que empresas ou empresarios participan dende a sombra, que contratos ou concesións se pactan e que intercambios se fan.

Do mesmo xeito se explican as mesmas cifras de endebedamento dos concellos que puidemos tamén coñecer. Á cabeza sitúase o Concello da Coruña, con 79 millóns de euros; ségueo Ferrol, con 22 millóns; Pontevedra, 18; Lugo, 15; etc. De entre o resto de entidades hai que salientar á USC, que lle debe 18 millóns de euros a Caixa Galicia. Con eles organízanse polémicas conferencias

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis