Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

14/06/2008 GMT -4

A RECEITA DOS "SOCIALISTAS OBREROS ESPAÑOLES"

augasceives @ 07:53

A resposta social á situación que o capitalismo mundial nos abocou, chamada crise económica, adoptou esta pasada semana a forma de folga. En distintos sectores, como o do trasnsporte ou o pesqueiro, pero co apoio xeral e a comprensión da maioría da sociedade. En só uns días, a unión dos traballadores demostrou que a temos a capacidade de paralizar todo un país e pór sen serio risco o funcionamento do sistema. O Goberno Español respostou, unha vez máis, con represión e violencia.

A actuación do Estado, por medio das FSE, consistíu en escoltar no noso país máis de 1700 camións e en realizar detencións indiscriminadas coas consabidas doses de violencia alí onde había concentracións dos afectados. Dende A Coruña até Vigo, pasando polo propio Parlamento de Galiza, os corpos de execución de ordes como “tolerancia cero” aplicaron a receita da violencia á perfección.

Producíronse un total de 21 detencións en Galiza durante estes días e innumerábeis agresións tanto a manifestantes afectados como a calquera que estivera presente nas mobilizacións. A solución do PSOE para os traballadores que non poden soster un nivel de vida mínimo neste Estado del Bienestar son malleiras e sancións económicas que comezarán a chegar para os piquetes informativos.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis