Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

16/06/2008 GMT -4

DAS SAGRADAS ESCRITURAS

augasceives @ 11:59

A globalidade na que estamos inmersos permítenos coñecer ao momento feitos que acontecen, se cadra preto de nós, pero que por teren carácter de “anécdota local” non sobrepasarían a esa fronteira para converterse en algo de comentario xeral. De novo, a nosa lingua recibe un outro ataque máis desa caste fascista e acomplexada que aínda pulula entre nós. Referímonos agora ao caso dun cura rural (da parroquia de Vedra) que aproveita a folla parroquial para facer apoloxía do terrorismo lingüístico que aposta pola eliminación do noso idioma nacional.

 

Abofé que o individuo recada unha cuantiosa publicidade de balde que lle servirá para que as súas seguintes reflexións estean sendo agardadas con impaciencia. Mais sabéndoo, o que non podemos facer é calar e deixalo como unha máis das agresións que acotío recibimos de parte de redutos fascistas ben conservados no tempo ao longo dos anos. O home en cuestión anceia a desaparición do galego con argumentos máis ben pobres que aforraremos reproducir aquí. Con todo, para quen debeza por coñecer as sagradas escrituras deste profeta de pouca monta velaquí lle deixamos a ligazón ao blogue fandiarzua.blogspot.com, que foi quen deu a coñecer estas litúrxicas reflexións.

Unha vez exposto, o que queda é expresar sen ningún tipo de temor o noso fondo rexeitamento tanto a estas palabras como ao seu autor. Poden ficar como unha máis das desnortadas ocorrencias da Igrexa Católica, tan falta nestes tempos de achegarse ao pobo. Mais isto vai alén, é unha agresión consentida e respaldada contra a nosa lingua e contra nós mesmos. É un ataque lanzado dende as follas propagandísticas dunha institución subvencionada e que segue a constituír un poder na sombra que determina decisións e se extralimita no seu papel na sociedade.

Nós, que non somos subvencionados nin atendemos a directrices ningunhas chegadas dende máis arriba, expresamos tamén o noso desexo de que desapareza á maior brevedade posíbel unha institución responsábel de milleiros de actos ao longo da súa historia contrarios á súa propia fe.

Unha institución culpábel de que a enfermidade do SIDA sexa o que é e arrase continentes enteiros, como o africano; culpábel, en definitiva, do atraso da ciencia durante centos de anos por impór a súa fe irracional e contraria á necesidade de atopar respostas alén da existencia dun ser superior que o explicara todo.

Unha institución que coa súa moral é directamente responsábel dunha cultura patriarcal que leva mesmo a xustificar os malos tratos ás mulleres e a persecución aos contrarios á súa doutrina.

Unha institución que se aproveita das mentes dos máis débiles para sacarlles os seus cartos e que ao tempo reinviste en grandes negocios e está detrás de multimillonarias operacións económicas.

Unha institución cunha traxectoria histórica de moi dubidosa corrección á que ningún dos gobernantes actuais a ningún nivel ousará pór en dúbida o seu excesivo papel na sociedade civil.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis