Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

18/06/2008 GMT -4

EÓLICO: O GRAN NEGOCIO ...DO BNG!

augasceives @ 09:16

Nun artigo de Alberte Outeiro adiantabamos a situación do meirande concurso eólico de Europa, o galego. Co prazo para presentar os proxectos pechado, coñecemos unha operación estratéxica xa anunciada e que podería dar para moito falar. Os empresarios galegos Jove (ex – presidente de Fadesa), Jacinto Rey (dono da construtora San José), Epifanio Campo (de Nueva Cerámica) alíanse con Ence (de donos madrileños) para entrar no negocio eólico cunha proposta irrexeitábel para o Goberno Galego: o traslado da pasteira da Ría de Pontevedra.

 

Con isto, poucos se atreverían a dicir que este proxecto vai quedar sen nada. O BNG resolvería asía a súa eterna promesa de retirar a papeleira da ría antes de 2018 e podería vendería o favor de manter o ciclo no noso país coa eterna falacia dos postos de traballo, etc. Detrás o que está é o que noutros debates algúns chamarían “pagar un prezo político”, xa que se derruba a suposta firmeza do Alcalde Lores de sacar a contaminte factoría do municipio pontevedrés. Ence non se irá de Pontevedra a cambio de nada, asaltará un concurso público no que a Xunta permitirá que se introduzan no sector eólico varios empresarios totalmente alleos e que só procuran os maiores beneficios posíbeis para os seus petos. E fálannos de “facer país”…

O que leva consigo esta nova, xa que hai que dar por feito que esta proposta colleitará megavatios, é que os nosos montes non se van despedir da praga de eucaliptos que os levan azoutando dende hai décadas e cuxos resultados temos comprobado. Por se fora pouco, están os propietarios das comunidades de montes nas que se instalarán os aeroxeradores. Os beneficios que lles reportarán son máis ca ínfimos en comparación cos que xeran os muíños tan só con xirar.

O noso vento soprará billetes para quen xa os manexa. A entrada dos grandes empresarios e dos monstros bancarios no negocio eólico pode estorbar a xigantes como Endesa ou Fenosa, mais os beneficios seguirán a ser privados. O BNG non foi quen de manterse fiel aos seus principios –unha vez máis!- e deixou pasar a oportunidade de explotar o noso potencial eólico nacionalizando a forza do vento, criando unha entidade pública que faga repercutir enteiramente en postos de traballo e beneficios para Galiza.

Quen sabe as contrapartidas “subterráneas” que se pagarán terán a ver coa recente entrada de Manuel Jove no accionariado do xornal afín “A Nosa Terra”… Quen sabe se no xogo entrarán donacións “privadas”… Quen sabe se non será o negocio do século …para o BNG!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis