Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

02/07/2008 GMT -4

OSCAR PEREIRO DANOS AS COSTAS E POSICIÓNASE CONTRA O GALEGO

augasceives @ 07:11

A ofensiva imperialista española intensifícase por momentos. Se nas últimas semanas se valeron do trunfo do equipo da Federación Española de Fútbol no torneo europeo para multiplicar a habitual apoloxía tinguida de cualificativos doutros tempos, agora colle o relevo un manifesto redactado en Madrid co obxectivo primeiro de afogar un pouco máis as linguas galega, catalá, e vasca. E non sendo alleos á importancia do deporte, seguen a empregar figuras deste mundo para espallar a publicidade deste panfleto.

 

O manifesto “Por la lengua común” pretende mesmo modificar a Constitución Española de 1978 para asegurar o camiño cara a desaparición dos idiomas do Estado que non son o castelán. Esixe que sexa a lingua de Castela a única que se poida aprender e esixir a todo cidadán “español” e fala das supostas imposicións de galego, catalán e vasco nos organismos oficiais e da suposta desparición do que eles consideran “lengua común” nas institucións.

O certo é que esta argallada da ultradereita madrileña (coa súa nova musa á cabeza, Rosa Díez) non iría alén das páxinas dos xornais que viviron durante catro anos da mentira do 11-M de non ser porque se mesturan nomes de sobra coñecidos que supostamente os apoian. Coa prudencia que nos ten que dar a traxectoria destes medios, e xa co exemplo recentemente coñecido do músico Ramoncín, que se ao parecer se víu involucrado sen ter apoiado o texto, recollemos algúns nomes galegos que asinaron contra o proceso de normalización lingüística na súa propia terra, que pulan pola desaparición da súa lingua.

Non lle imos dar importancia á presenza de membros da RAE ou de toureiros, pois xa sabemos da catadura destes individuos e da caste do organismo lingüístico español.Tampouco nos imos para en escritores españois, pois poden ter a liberdade e o vil anceio de que a súa lingua se espalle colonialmente matando ás demais.

Oscar PereiroA nova que correu como a pólvora na tarde de onte pola rede en Galiza, tanto en medios dixitais coma por correos electrónicos é a de que entre os asinantes figuran o deseñador galego Roberto Verino e o ciclista de Mos Oscar Pereiro. Sorpréndenos especialmente a presenza deste último, un modelo de deportista ao que sempre lle ouvimos falar galego nas súas aparicións públicas no noso país, mesmo con xestos cara a Terra en competicións internacionais. A afección galega estivo á beira do ciclista de Mos nos momentos máis duros, estivo con el no trunfo de París, coas bandeiras dicíndolle ao mundo de onde viña este humilde ciclista que co seu esforzo se fixo un oco entre os máis grandes das estradas francesas na maior competición do mundo.

Agora, se isto é certo, e suponse que o é se el non o nega publicamente, Oscar Pereiro dalle as costas á súa terra, á súa lingua, á afección que estivo e estaba con el. De seguro que este mes de xullo (o Tour de Francia comeza o vindeiro sábado) ha diminuír a presenza de siareiros que apoien ao de Mos, de seguro que a afección ao deporte da bicicleta se ha derivara cara ao puro espectáculo e non á paixón pola vitoria do noso, porque agora deixou de selo.

Milleiros de galegos e galegas xa lle amosaron a súa decepción a Oscar Pereiro por medio da súa web. Animámoste a que o fagas tamén nesta ligazón: http://www.oscarpereiro.com/gal/contacta.php

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis