Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

07/07/2008 GMT -4

SEMENTAN INCENDIOS NO COUREL

augasceives @ 18:22

Recibimos na nosa caixa de correos a nota que a seguir reproducimos de SOS Courel na que avisan dunha nova falcatruada imprudente, corrupta e criminal da Xunta.

 

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ...por toda a Serra

  • Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
  • Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...
  • Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
  • Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, ...
  • Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.
  • Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de autovías de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.
  • Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.
  • Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis