Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

23/07/2008 GMT 9

SOBERANÍA NACIONAL

augasceives @ 09:03

 

 O Día da Patria sempre foi data para que o nacionalismo galego saíra á rúa facéndose ver e simbolizando nesa xornada o traballo e a loita polos dereitos sociais e políticos do país. Mais coa chegada do nacionalismo oficial ao poder, hai agora tres anos, o autodeterminismo consciente e mesmo o nacionalismo de esquerdas non entregado ás cadeiras do poder decatáronse de algo non ía coma sempre. O discurso de sempre non se vía reflexado en feitos e o cambio que se precisaba non se produce nin se albisca. A resposta á traizón oficialista adopta varias formas, as máis significativas Galiza Non Se Vende e Causa Galiza.

O meirande movemento ecoloxista galego, con ramificacións en todas as comarcas, non fica ausente perante a destrución progresiva do noso litoral, da paisaxe e do territorio en xeral. Non cala coa instalación de Reganosa en Ferrol nin co Plano Acuícola pensado para as multinacionais norueguesas.

A plataforma autodeterminista que acubilla no seu seo a persoas e entidades que se atopan nesta liña sairá mañá ás rúas de Compostela para reivindicar unha vez máis cal é para nós o horizonte, o norte que non queremos perder polas cobizosas congostras do poder que tantos efectos suavizantes parece ter. A autodeterminación nacional é un obxectivo que non se pode agochar detrás de discursos baleiros e mentiráns, os ataques á nosa lingua non se poden repostar mirando cara a outro lado ou coa receita do bilingüísmo harmónico.

Na alameda compostelá, este vintecinco de xullo á unha e media da tarde vai haber bandeiras con estrelas vermellas e xentes con disposición a seguir andando o camiño cara a soberanía nacional. Dúas horas antes tamén haberá outra concentración, que se anuncia como a máis numerosa "da historia do nacionalismo", mais esta centrarase na preparación das eleccións nas que se pelexará por gañar campo dentro da renovación do pacto e conquerir máis espazos orzamentarios.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis