Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

27/07/2008 GMT 9

DÍA DA PATRIA 2008, A CRÓNICA

augasceives @ 01:54

O Día da Patria foi un exemplo perfecto para describir a situación do nacionalismo galego na actualidade. Por unha banda, a manifestación do BNG, con boas cifras de asistencia e notábel cobertura mediática por parte da prensa comercial e describindo un panorama de cor de rosa. Pola outra, a mobilización autodeterminista convocada pola plataforma Causa Galiza e os actos das entidades independentistas a noite do 24, co habitual despregue policial e os seus consabidos excesos.

Na praza da Quintana, arredor de 20.000 persoas entregáronse ao discurso bucólico e utópico dun BNG inserido xa na carreira eleitoral e “a roda” do ritmo que marcan PSOE e PP, con actos vistosos e coloristas sen reparo en gastos. Hai que dicir que cunha grande habilidade e capacidade para simular unha unidade interna que non existe, fachendeando de apoios internacionais e ollando cara a outro lado a respeito dos verdadeiros problemas do país e da súa xente. Nun dos habituais imaxinativos excesos vocais de Anxo Quintana, o Vicepresidente dos 14 asesores deixou para os xornais “O BNG naceu para liderar o País”. Algo non exento de veracidade se temos en conta que o Bloque Nacionalista Galego nace da vontade popular de artellar un proxecto de emancipación nacional dende a perspectiva social e de esquerdas. Mais o tendencioso titular agocha a realidade da deriva do partido nos últimos anos, coa viraxe á procura de votos nos caladoiros do “centro político” e achegándose ás políticas neoliberais dos partidos estatais; non rexeitando as prácticas corruptas e reinventando o novo caciquismo das “festas dos maiores” que tanto resultado lle achegaron a Fraga Iribarne. Esquecéndose e renegando, en fin, do horizonte da autodeterminación do noso pobo.

Anxo Quintana, no Día da Patria 2008

A noite do 24 as citas eran os actos do independentismo polas rúas da Capital e o Festigal ’08, no marco este do nacionalismo oficial e co vento a favor do potencial económico que agora se respira no evento organizado polos mozos e mozas do BNG.

Temos orde de pedir o DNI a todas as persoas que repartan propaganda independentista” (lido encarga policial na noite do 24 galizalivre.org). Así, con estas palabras dun membro das F.S.E, podemos resumir o asedio policial e o acoso ás organizacións independentistas e maioritariamente xuvenís que o 24 se fixeron moi visíbeis en Compostela. O despregamento de unidades violentas policiais foi o visto xa noutros actos semellantes e as súas actuacións non se desmarcaron do que vén sendo habitual. As concentracións de Ceivar e as rondallas de AMI e BRIGA contaron coa ameazante presenza policial que por varias veces impedir o discorrer normal dos actos previstos. Como non podía ser doutro xeito, atoparon o momento para cargar violentamente contra os mozos e mozas alí presentes, con porras e bolas de goma. Isto da comezo aos disturbios con lanzamento de pedras e ataques a contedores do lixo, que é a imaxe que a Ameixeiras lle interesa presentar.

cabeceira da manifestación de Causa Galiza, 25-07-08imaxe da manifestación de CG

 O 25, preto das dúas da tarde, sae da Alameda compostelá a manifestación de Causa Galiza. Arredor de 2000 persoas apoian a reivindicación que resumía a lenda da convocatoria deste ano: soberanía nacional. De novo cunha forte presenza policial transcorre sen incidentes o percorrido cara unha Praza do Toural ateigada, onde se procedeu á lectura do manifesto e dos saúdos remitidos por entidades intenacionais.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis