Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

29/07/2008 GMT 9

VIOLENCIA GRATUÍTA SUBVENCIONADA E PROMOVIDA COS NOSOS IMPOSTOS

augasceives @ 02:07

Pasado xa o Día da Patria, toca agora seguir no día a día das nosas loitas, alén das grandes mobilizacións, tamén necesarias, pero simbólicas e ineficaces se non van vencelladas ao traballo cotiá. Máis dunha vez nos temos referido aquí a unha das manifestacións máis sádicas e crueis do fascismo tinguido de roxo e gualda: o colonialismo cultural que supón a imposición das touradas no noso País, onde é algo totalmente alleo. Unha das entidades máis activas na loita contra esta caste de asasinatos impunes é a Plataforma Antitaurina de Pontevedra, única cidade galega que dispón dun recinto para a celebración destes “espectáculos”.

As xentes do colectivo pontevedrés, ao que apoiamos dende AugasCeives e con cuxas pretensións nos identificamos plenamente, teñen convocada unha concentración para o día 9 de agosto (ás sete da tarde) na Praza da Peregrina. Ao tempo, poñen en marcha unha campaña de recollida de sinaturas contra o sadismo organizado que son as touradas (asina enviando un correo electrónico ao enderezo pontevedraantitaurina@gmail.com).

Para ilustrar perfectamente os seus, os nosos, argumentos realizaron dous videos explicativos que describen magnificamente o que para os españolistas máis rancios é “la fiesta nacional”. Temos que advertir que conteñen imaxes de extremada violencia e que poden ferir as sensibilidades de calquera persoa cun mínimo de respecto pola vida e pola razón, sen ser necesariamente un afervoado defensor dos animais. Este primeiro é un video-reportaxe sobre o que as administracións están a promocionar con fondos públicos, especialmente Concello e Deputación de Pontevedra.

verdades que doen

(pica na imaxe para ver o video)

En referencia á concentración do vindeiro 9 de agosto, os compañeiros e compañeiras de Pontevedra Antitaurina editaron tamén este spot que recolle as esixencias inmediatas que lle facemos aos dirixentes que están a investir os nosos cartos na máis vil das crueldades. De novo, e ao igual ca co anterior, temos que advertir do contido de imaxes tan reais como duras e ofensivas á sensibilidade e ao respecto pola vida.


 

Galiza antitaurina, Galiza antifeixista!


 

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis