Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

30/07/2008 GMT 9

ESTAMOS FARTOS DESTES "GALEGUISTAS"

augasceives @ 02:04

apoia!En tempos de ofensiva españolista contra a nosa lingua, con manifestos cheos declaracións infundadas e mundos imaxinarios nos que o galego é opresor no canto de oprimido ás veces mesmo desexariamos que o que din fora certo. Que no noso País o noso idioma ocupara tan amplos espazos como os títeres de Madrid afirman ou que a acción da Xunta fora tan comprometida e decidida en prol do galego como eles din.

 

A pasada semana, en vésperas do Día da Patria, a Mesa pola Normalización Lingüística presentaba da man de trinta persoeiros coñecidos e comprometidos dos distintos eidos da vida social do noso país o “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego”. O primeiro que hai que salientar é o compromiso coa nosa lingua de caras coñecidas e recoñecidas, entendendo que non é bandeira política de ninguén e sen prexuízos de seren sinalados. Os ataques que está padecendo a nosa lingua e as falsidades que se están vertendo sobre ela precisan da unión do pobo fronte aos colonialistas tanto externos como os que actúan entre nós. AugasCeives xa ten manifestado o seu apoio a este documento e anima a todos e todas a asinalo, accedendo aquí mesmo.

A resposta dos que pretenden pórlle freo á supervivencia do galego en Galiza veu da man do voceiro Feijóo e Rajoy, tal para calhabitual das súas argalladas: Alberte Núñez Feijoo. Ben é sabida a querenza deste individuo pola mudanza de discurso segundo onde o pronuncie, procurando sempre contentar a quen o poida escoitar. Pseudogaleguista se fala no País e españolista alén do Padornelo. Nunha entrevista radiofónica para un medio español afirmaba que derogaría a Lei do Comercio que a Consellaría de Innovación e Industria ten previsto levar ao Parlamento se el chegaba a presidir a Xunta. Aquí cómpre analisar varios asuntos: non sabemos se de verdade conta con chegar algún día a ser Presidente do Goberno Galego, pero esa estratexia é a empregada por outro político ben semellante a el, Mariano Rajoy. Por outra banda, é difícil enteder como o líder dun partido autodenominado galeguista se pode opor que se pretenda salvagarda o dereito dun cidadán a ser atendido na súa lingua se así o desexa. Seica a devandita lei procura que o dependente ou dependenta dun comercio atenda ao cliente en galego se esta é a lingua que emprega. Ao neoliberal Alberte moléstalle, ao igual ca a todos os da súa caste, que se fale de obrigas ás empresas. Esquece con facilidade que todo individuo ou entidade que se beneficie de fondos públicos debería estar suxeito a uns mínimos, por exemplo, en materia lingüística.

Marisol López, Secretaria Xeral de P. L. Por suposto, malia que a lei diga iso e moito máis, todos sabemos que endexamais vai ser cumprido. Ou tamén imos crer agora que a Secretaria Xeral de Política Lingüística vai velar polos nosos dereitos nesta materia? Queren que creamos logo a Sra. Marisol López vai facer algo en prol da normalización lingüística que vaia alén de campañas publicitarias ridículas?

Tamén considera o Sr. Feijoo, nun alarde de galeguismo e intelixencia, que hai centros de ensino nos que xa se imparten a maioría de clases en galego e polo tanto iso supón un “empobrecemento da sociedade galega”. Non sabemos se Galiza merece algún representante tan ruín e capaz de facer este tipo de afirmacións. O complexo e a reafirmación no seu autoodio é o que verdadeiramente empobrece a política galega.

Mentres todo isto ocorre, a Secretaría Xeral de Política Lingüística xoga a deseñar campañas orixinais (alguén viu algo tan ridículo coma isto?) no canto de respostar aos ataques e defender tanto a nosa lingua como aos e ás falantes. Porque o pobo é o que verdadeiramente está a soster e sostivo sempre o seu idioma, sen agardar favores das clases altas nin dos políticos exterminadores e ineptos.

Como podedes comprobar á dereita, vimos de engadir dous novos banners: un é para apoiar o manifesto ao que anteriormente nos referiamos e mediante o outro poderemos ir coñecendo as novas campañas que a Ciberirmandade da Fala vai poñendo en marcha.

Vivir en galego é gañar o conflito!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis