Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

12/08/2008 GMT -10

MONCHO REBOIRAS, PRESENTE

augasceives @ 12:18

Moncho ReboirasO programa da Consellaría de Cultura, en colaboración coas universidades galegas, de nome “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” que traballa polo esclarecemento dos feitos acontecidos durante a Guerra Civil Española (1936 – 1939) vén de determinar o número exacto de galegos asasinados polo levantamento fascista durante eses tres anos. O total fala de 3.588 persoas. Mais o xenocidio non cesou, nin moito menos, ao remate da Guerra. Pódese dicir que aí, co comezo da Ditadura, a represión intensificouse e consolidouse até tecer esa Longa Noite de Pedra que tan ben Celso Emilio definíu. A esa xa incríbel listaxe cómpre engadir o resto de vítimas, entre elas, unha das que máis simbolismo conqueríu por tratarse do asasinato dun home comprometido especialmente cunha teima: Moncho Reboiras pola autodeterminación do seu pobo. Hoxe cúmprense 33 anos do seu asasinato en Ferrol.

 

Xosé Ramón Reboiras Noia naceu en Imo (Dodro) no ano 1950. Era militante da UPG e atopábase o fatídico 11 de agosto en Ferrol, onde ía ser un dos principais responsábeis da creación dun aparello de loxística co que dotar ao partido na clandestinidade. Aquela noite, axentes da Policía Armada acorodoan, no marco dun control da BPS (Brigada Político Social), o edificio no que se atopaban Moncho Reboiras e dous militantes da formación política. É asasinado na Rúa da Terra.

Velaí comeza un dispositivo de acoso contra o nacionalismo galego que da con centos de militantesMoncho Reboiras exiliados en Portugal. Estamos a falar de 1975… Un acoso que, dun ou doutro xeito, non sabemos se rematou ou se só mudou a súa face, adaptándoa aos novos tempos e ás novas circunstancias. Cambiándolle asímesmo os nomes aos instrumentos de “represión legal”, antes do Franquismo e agora desta Democracia.

Diversas formacións políticas lembran hoxe a Moncho Reboiras, no 33 cabodano do seu asasinato, celebrando diversos actos ou simplesmente –quizais sexa a mellor homenaxe- manténdoo presente nas súas actuacións. Entre esas formacións non está, lamentabelmente, a organización maioritaria do nacionalismo oficial galego. Fai por esquecelo a dirección, os xa asentados no Hórreo e en San Caetano. Por sorte, sabemos que o seu espírito de loita segue presente na meirande parte das bases e mesmo novos grupos que se artellan no seo do Bloque Nacionalista Galego, hoxe dominado por unha irrecoñecíbel UPG.

Moncho Reboiras, a loita continúa!!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis