Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

13/08/2008 GMT -10

UNHA PROBA MÁIS DA SÚA INFINITA INDECENCIA

augasceives @ 06:14

A Asociación Ecoloxista ADEGA denuncia as escandalosas intencións da Consellaría de Medio Ambiente. En máis dunha ocasión nos temos referido a este como un dos departamentos da Xunta máis nefastos e seguidistas con respecto ao periodo no que o PP gobernou o País. Manuel Vázquez ten demostrado en numerosas ocasións e con centos de feitos que é merecente do máis fondo rexeitamento por parte de toda a sociedade galega por constituír un perigo e unha ameaza para a nosa paisaxe, para a nosa terra. A tan anunciada ampliación da Rede Natura contén sospeitosos ocos que ao parecer, desúpeto, perderon o seu valor ambiental até facelos chegar a non ser merecentes da protección que a rede lles debería reportar. Curiosamente, neses sospeitosos baleiros teñen xa praza os principais actores dos negocios acuícola e eólico.

 

Recomendamos a lectura completa na páxina de ADEGA das súas argumentacións, mais aquí imos adiantar algúns dos aspectos máis salientábeis da obscenidade administrativa do Conselleiro de Medio Ambiente e de todo o seu infame departamento.

O espazo protexido en Galiza pola Rede Natura sitúase no 11’9%, a porcentaxe máis baixa do Estado sen contar a cidade africana de Melilla. Afastado do 25’5% da media estatal. Isto, sen máis explicacións, debería xa ser constitutivo de vergoña para os responsábeis medioambientais galegos. Non é lóxico que unha terra que pretende vender como un dos seus maiores atractivos o turismo e a súa paisaxe fixe o seu territorio protexido nun ridículo 11’9%. Algo non cadra. E a peza que non encaixa é o espolio capitalista. Cómpre deixar espazo para a instalación das entidades que han levar a bo porto o colonialismo desta terra, o aproveitamento dos nosos recursos naturais.

O potencial eólico, acuícola, hidroeléctrico e de “portos deportivos” e o negocio que supoñen estes sectores emerxentes é a principal traba para impedir a plena protección do territorio que debería de estalo. A eterna chantaxe empresarial da ameaza de traslado, deslocalización ou simplesmente non instalación nunha zona pode máis ca o valor da nosa terra para os indecentes e corruptos gobernantes.


Conselleiro de Medio Ambiente

As intencións da Consellaría de Medio Ambiente –malia que os datos que manexa ADEGA son oficiosos, segundo se afirma- son ampliar a ridícula porcentaxe sinalada antes até pouco máis do 18%. Mais esa cativa e insuficiente ampliación non inclúe sospeitosos ocos que, curiosamente, van dar acubillo aos máis de 3 millóns de metros cadrados de cemento para as instalacións das piscifactorías.

A Xunta contribúe ao saqueo imperialista desta colonia chamada Galiza, á que lle negan até o nome en ocasións. Mais han ter sempre en fronte a un pobo que segue a loitar na defensa da súa terra.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!!!


Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis