Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

19/08/2008 GMT -1

O CASO DOS FICHEIROS ILEGAIS EN SADA

augasceives @ 19:06

SadaDe entre as “peculiaridades” locais que en moitas ocasións superan as fronteiras municipais e sen fan comentadas no resto do país, as do Concello de Sada ocupan un lugar privilexiado entre as máis recoñecidas. Daquel memorábel alcalde rescatado dos tempos de esplendor da Ditadura Franquista, Ramón Ares “Moncho”, mantéñense hoxe mañas e costumes ben impropias do Estado das Liberdades no que vivimos. A pasada semana coñecíase a existencia de ficheiros ilegais que axentes da Policía Local teñen elaborados con veciños e veciñas.

 

Cómpre comezar o relato sinalando a curiosa proporción de axentes por habitante que resultaría de “repartir” os 21 Policías Locais entre o 13.600 habitantes de Sada. Tamén significativo é o número de baixas, catorce, que rexistra o corpo por “depresión” e causas semellantes.

Unha das ocorrencias do citado Alcalde Moncho, franquista recoñecido, foi a creación da Unidade de Seguridade Cidadá (a outra USC). Na actualidade o goberno municipal está sostido polo pacto nacional PSOE/BNG e rexido polo alcalde Abel López, desta última formación política. O pasado xoves día 14, un concelleiro, un axente da Policía Local e outro da Garda Civil accederon ás dependencias desta USC sadense e puideron comprobar a existencia dos ficheiros da polémica. Neles aparecen datos e mesmo fotos de veciños e veciñas identificadas por diversas razóns nas quendas de traballo de noite, fotografados en Plenos ou en manifestacións. Ao máis puro e xenuíno estilo duns escuros tempos que ás veces parece que manteñen firme presenza hoxe. O alcalde fascista Moncho Ares procuraba ter contentos aos integrantes desta USC, coñecidos como os “centurións da noite” e que gañaban protagonismo nas noites das fins de semana, cando a afluencia de mozos e abondosa. As fichas ilegais conteñen, ademais de variedade de datos, uns códigos de cores que ben poderían ser, segundo diversas informacións, de contido político a fin de identificar ideoloxicamente “aos fichados”.

Co coñecemento da existencia desta base de datos local e de elaboración propia, o rexedor sadense axiña publicou un comunicado amosándose disposto a colaborar coas pertinentes investigacións e avisando de que non tolerará actuacións irregulares.

Por outra banda, a Fiscalía non amosa nin a máis mínima intención de abrir unha investigación de oficio perante unha caso claramente ilegal e do que habería que tirar moitas responsabilidades. Asímesmo, o Movemento polos Dereitos Civís xa anunciou a posibilidade de presentarse como acusación particular nun asunto que vulnera precisamente os dereitos e as liberdades individuais.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis