VIAIS COLONIALISTAS
O Goberno Español recoñeceu onte algo que en AugasCeives temos sinalado en multitude de ocasións, unha evidencia tan insultante que reafirma as teorías da colonización que acotío nos fan ser sinalados cos máis dispares adxectivos, nunca bos. A recadación en multas de tráfico en Galiza multiplica por dez ao investimento en seguridade viaria. O dato foi dado a pregunta do Grupo Parlamentar do BNG no Congreso dos Deputados.
Galiza é unha das CC.AA. do Estado Español cun maior índice de sinistralidade nas estradas. A solución do Goberno do PSOE é, ademáis da supresión dos servizos de tren de proximidade, da promoción das grandes autoestradas e do transporte individual, a multiplicación dos métodos de sanción. Estes constitúen xa unha inxente fonte de ingresos que achegan uns cartos que nunca se presentan neses balanzos fiscais nos que o centralismo se apoia para artellar esa idea de País subvencionado.
Con este panorama, comprensíbel é que o Goberno Español se negue a acceder ao traspaso das competencias de Tráfico e Seguridade Viaria que o Parlamento Galego ten solicitado. Isto sería renunciar a unha boa saca de euros que á súa vez serven para seguir instalando radares que continúen multiplicando esas sancións económicas coas que pretenden velar “pola nosa seguridade”


Chúzao
del.icio.us