Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

28/08/2008 GMT -3

AGORA SEICA NON HABERÁ ADIANTO ELECTORAL...

augasceives @ 12:48

Emilio Pérez Touriño A atención política das últimas semanas centrábase, logo de espallarse o rumor dun posíbel adianto electoral para o vindeiro outono, en cal sería a data definitiva que o PSOE fixaría. Hoxe, Emilio Pérez Touriño asegurou en rolda de imprensa que non se produciría tal adianto e que as eleccións tan só sufrirían algunha modificación na súa data para evitar a coincidencia cos comicios europeos. Como corresponde, temos que rectificar a información na que lle outorgabamos credibilidade ao devandito rumor. Dubidamos que así o fagan os medios que nos últimos días mesmo aseguraban que xa comezaran os trámites correspondentes para fixar a data das eleccións nos vindeiros meses.

 

O Presidente da Xunta asegurou que esgotaría a lexislatura e que non hai motivos para executar tal adianto, asegurando en todo momento que a data se decidirá en función dos intereses de Galiza. Entende, ademais, que estes intereses non se correponden con que as eleccións galegas coincidan coas que se teñen que celebrar o vindeiro ano para “renovar” a representación española no Parlamento Europeo. Fala de “singularizar” os comicios galegos. É significativo que este anuncio se produza o día despois de recibir a visita do xefe Zapatero, con quen de seguro se había tratar este asunto. A dúbida que nos queda é en que posición fica así Xosé Blanco, que segundo din os que saben encabeza a oposición interna a Emilio Pérez Touriño. Mais iso son leas que pasan nas mellores familias...

Por moito que o PSOE asegure con todas estas boas palabras que non empregará a vantaxe de poder fixar a data electoral en beneficio propio, a ninguén se nos escapa será así que seremos chamados a votar cando ao partido que ostenta a Presidencia dos gobernos galego e estatal máis lle interese. Sen dúbida.

Con todo, dende AugasCeives queremos deixar clara esta rectificación que non se debe máis ca ao infantil erro de outorgarlle credibilidade a quen xa en numerosas ocasións ten demostrado que non é merecente dela.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis