Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

# Augas Ceives

pola nosa lingua_en pé

05/09/2008 GMT -3

ENTRE O COMPROMISO E OS INTERESES

augasceives @ 12:04

Son innegábeis as discrepancias internas no seo do BNG. Proba disto é o nacemento de diversos movementos autoorganizados e o asentamento de correntes non concordantes coas teses oficiais. A última evidencia é o acontecido nas últimas horas coas declaracións do deputado Bieito Lobeira e as posteriores rectificacións de Anxo Quintana ao fío da postura do BNG con respecto ao recén aprobado Plano de Acuicultura.

 

Bieito Lobeira tense caracterizado por ser o deputado máis activo do Parlamento Galego e un garante da defensa de certos principios Bieito Lobeiranacionalistas no Pazo do Hórreo. Ten presentado abondosas iniciativas en prol da lingua que en moitas ocasións semellaban ser unha loita case persoal dunha illa no medio dun mar máis preocupado por outro tipo de asuntos. Semella en moitos casos alguén entre “a espada dos seus principios” e “a parede dos intereses do partido”, con xestos que fan pensar que pode ser a voz de moitos movementos sociais nas baleiras institucións alleas a estes. Ten dado a cara para explicar o inexplicábel de moitos procederes do seu partido en diferentes cuestións, gañándose “os paus” dos que era merecedora a súa formación política e non el.

Lobeira é consciente de que o Plano Acuícola é unha aberración, sabe que debería estar na rúa loitando contra as intencións da Xunta á beira dos veciños que están a defender o territorio. Pero cre que debe ser fiel ao Bloque por consideralo instrumento válido para o deseño do País que queremos. Cómpre dicir que esta descrición está baixo o paraugas da subxectividade e en ningún caso se lle poden atribuír estas reflexións ao aludido. Bieito afirmaba onte que o BNG, dende o Goberno, combatería aqueles proxectos (de xeito individualizado) “máis agresivos” e mesmo procuraría que a súa execución non se producira. Estas palabras alumeaban a esperanza da oposición social ás macropiscifactorías devastadoras do litoral.

Estas declaracións obtiñan rápida resposta por boca do Conselleiro de Medio Ambiente, atribuíndoas a posicións individuais e afirmando o BNG no seu conxunto concorda co planoAnxo Quintana aprobado. Hoxe, na mesma liña, o líder do BNG e Vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, rectificaba o afirmado por Bieito Lobeira e afirmaba que o seu partido asumía o Plano Acuícola por tratarse dun “proxecto de goberno”.

Velaquí a representación da realidade do Bloque Nacionalista Galego. Os que se empeñan en manter os principios característicos da formación e os acomodados ao novo deseño dun partido acomodado no sistema de goberno. Os fieis á defensa da Terra e os novos amigos das multinacionais estranxeiras.

Canto aguantará este BNG e canto agardarán os críticos internos?

Comentarios non permitidos para este Post

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis