Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

24/09/2008 GMT 4

DENUNCIAS PROPAGANDÍSTICAS

augasceives @ 18:07

Un dos colectivos fascistas a prol da desa­parición da nosa lingua que nos últimos meses aparecen polas páxinas dos xornais galegos vén de idear unha nova provocación contra membros do movemento social que traballan por defender o galego. Imos evitar citar o nome dos denunciantes (pois non é preciso) e pecharlle a billa da propaganda mediática, que é a fonte da que realmente viven. Tres militantes de AMI (Asembleia da Mocidade Independentista) foron denunciados pola realización dun vídeo. Terán que acudir ao Xulgado o vindeiro luns 29 de setembro para declarar.

Os desprezábeis denunciantes falan de “ameazas e coaccións” e de “delito contra as liberdades fundamentais”. Aseguran que o video incita ao odio e á violencia.

Dende AugasCeives tan só queremos manifestarlle o noso apoio e expresar o noso rexeitamento á asociación denunciante e outras semellantes de idéntica ideoloxía. Non imos ceder na loita pola defensa dos nosos sinais de identidade, entre eles e preferentemente, a lingua. Gustaríanos tamén que os medios de comunicación comprometidos coa lingua deixaran de "entrar ao trapo" citando unha e outra vez o nome de colectivos desta caste que aproveitan as plataformas de maior audiencia para vivir e para difundir as súas ofensivas contra a nosa lingua.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis