Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

26/09/2008 GMT -5

A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN SUBVENCIONA CENTROS DO PASADO

augasceives @ 10:52


O comezo do curso académico nos seus distintos niveis está a dar que falar nas últimas semanas. Moitas son as polémicas que agroman ao fío do inicio escolar e universitario. A CIG vén denunciando a falla de mestres interinos con mobilizacións e acusando á Consellaría de Educación do despedimento de máis de trescentos mestres interinos. Outro dos motivos de indignación son as subvencións públicas a colexios privados con ideoloxía intolerabelmente franquista.

 

Segue a haber centros que, sen mudar o sistema educativo e moral do franquismo, manteñen a separación de alumnos segundo o sexo. As aulas masculinas e femininas é unha das imaxes que se manteñen vivas da Ditadura, recordos que dos que os nosos pais e avós botan man para tratar de explicarnos aqueles tempos. A educación nos valores franquistas e de idearios nacionalcatolicista non é unha realidade extinguida en Galiza e mantéñena viva centros educativos privados relacionados coa Igrexa Católica.

Diante deste feito, as autoridades non só erguen a bandeira da indiferenza, ignorando o artigo 84 da LOE que di “En ningún caso poderá haber discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, afinidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal”, senón que subvencionan ao cento por cento a centros incumpren a referida lexislación. É detestábel que a Consellaría de Educación achegue cartos públicos a centros que atentan contra os valores establecidos e aceptados pola sociedade galega. Un contrasentido se temos en conta que a implantación da materia inventada do PSOE (Educación para a Cidadanía) fala precisamente de educar en valores supostamente democráticos, laicos, etc.

A oposición social simbolízase na acción de CIG-Ensino, que ten denunciado este feito e recorrido á Xustiza a Orde pola que Educación concede axudas públicas a centros que impiden a escolarización mixta. Non se entende como o PSOE, formación en mans de quen está a devandita Consellaría, fai bandeira das súas políticas sociais a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e ao tempo mantén este tipo de actitudes incomprensíbeis que favorecen a centros absolutamente opostos ás súas predicadas teses. O nivel de incompetencia deste Goberno achégase moito ao intolerábel nalgunhas consellarías.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis