Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

29/09/2008 GMT -1

GALIZA DEBUTA NO MUNDIAL FEMININO DE FUTBOL SALA

augasceives @ 17:50

Galiza, no Mundial de Futbol SalaXa é unha realidade. Por primeira vez na historia, unha selección deportiva galega debutou representándonos a nivel oficial nunha competición internacional. A galega de fútbol sala feminino abriu esta tarde o Mundial que se disputa na cidade catalá de Reus. En fronte estaban as principais candidatas ao título, Rusia, que remataron impoñéndose no marcador por un axustado 3-2.

 

Ás oito e media deste serán celébrase a cerimonia de inauguración e a seguir debutarán as anfitrioas fronte ao equipo da República Checa. O Venezuela – Bélxica e o Paraguai – Italia completan o calendario para este primeiro día de competición. Mañá ás catro da tarde, as rapazas galegas abren de novo a segunda xornada de competición fronte a outra das favoritas, Brasil. O venres xogaranse os cuartos de final, o sábado as semifinais e o domingo a final.

Non é doado seguir a actualidade do que está a pasar en Catalunya. Para os medios comerciais é algo que non existe, e para a televisión pública galega semella asunto prohibido. Fito histórico coma está a ser ignorado é o seu coñecemento entre a poboación é mínimo. Porén, constitúe un paso máis no camiño cara a oficialidade dos nosos equipos nacionais deportivos.

Adiante!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis