Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

30/09/2008 GMT -1

GALIZA NON SÓ COMPITE, TAMÉN GAÑA

augasceives @ 17:47

É abraiante a dificultade para seguir as evolucións das nosas xogadoras en Reus. Cuns atrancos impropios dos tempos nos que estamos, sendo obviado o evento mundial polos principais medios de comunicación empresariais e públicos, mesmo ignorado por sitios webs de suposta sensibilidade e compromiso (tamén catalás), as galegas están loitando no terreo de xogo e contra o desprezo mediático. Hoxe venceron a Ucraína por 5-4 e agora dependen do que faga Rusia fronte ás ucraínas para saber se acceden ou non aos cuartos de final.

Da xornada de onte, o máis salientábel (alén do debut do noso equipo, con derrote fronte a Rusia por 3 a 2) foi a cerimonia de inauguración e tamén a vitoria das anfitrioas, Catalunya, por 4-0 fronte á República Checa. Tiramos información da web da Plataforma polas Seleccións Deportivas Catalás, onde se presta atención especial á nosa selección, afirmando que Galiza recibiu unha calorosa ovación na cerimonia inaugural. Destacan o bo papel das galegas (Rússia 3-Galícia 2 (molt bon debut de les gallegues, plantant cara a una de les favorites) que foron vencidas con numerosas dificultades (e polémica) polas favoritas ao título. Ademais, Venezuela gañoulle a Bélxica por 5 a 1 e Paraguai empatou con Italia a tres goles.

Non cansamos de denunciar o absoluto desprezo dos medios públicos galegos, así como dos subvencionados, que porén si se entusiasman co comezo do Mundial de Fútbol Sala Masculino, en Brasil, onde a Selección do Estado Español participa. O imperialismo deportivo e a supremacía do deporte masculino que este lle outorga fronte ao feminino constitúe tamen unha caste de machismo.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis