Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

01/10/2008 GMT -1

O SISTEMA MEDIEVAL É O QUE VERTE O LEITE POLO CHAN

augasceives @ 15:29

Compostela, 1-10-08Ver aos gandeiros ciscando leite polo chan estase a tornar xa en habitual, e iso non é nada bo. Hoxe concentráronse simultaneamente diante das dependencias da Consellaría de Medio Rural en Compostela e Lugo para seguir coas accións de protesta pola situación do sector. Concretamente, hoxe como resposta ao anuncio feito nos días pasados por unha industria láctea de non recoller na comarca do Deza o leite aos integrantes da cooperativa Indega. A empresa pretende pasar por enriba da autoorganización gandeira e consolidar o modelo medieval negociando individualmente con cada produtor.

 

Foron máis de douscentos os que acudiron á concentración principal en Compostela para esixirlle á Consellaría de Medio Rural que interveña para evitar estas manobras abusivas e evite que as industrias poidan forzar aos pequenos produtores e continuar afogándoos. As tres centrais sindicais agrarias simbolizaron unha vez máis a unidade do sector e amosáronse moi críticas co departamento que dirixe Suárez Canal.

A resposta da administración foi que “o leite non quedará sen recoller” e que o problema con Indega “é puntual”. Pero a realidade é que, como apuntaban algúns dirixentes sindicais, a situación é de “esperpento” debido a que os prezos chegaron a ser tan abusivos que se viraron insostíbeis.

No fondo do problema está a importación de leite foráneo a prezos que descompoñen a estabilidade do mercado, repercutindo moi negativamente nos produtores galegos. Son principalmente as coñecidas como “marcas brancas”, moi habituais en grandes supermercados galegos as que enchen os seus cartóns con leite procedente principalmente de Francia e Portugal. A solución non semella complicada, pois o problema está exposto e identificado, tan só queda a vontade real para aplicar a solución.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis