Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

03/10/2008 GMT -1

GOLEADA E A SEMIFINAIS DO MUNDIAL: HISTORIA CON BOS RESULTADOS

augasceives @ 19:57

As mozas da Selección Galega de Fútbol Sala Feminino están a escribir en Reus unha das máis fermosas e máis importantes páxinas da historia do noso deporte, e polo tanto, da nosa historia. Hoxe impuxéronse cunha autoridade esmagadora a Arxentina goleando por 8-1 e avanzan cara as semifinais, que se han xogar mañá. Agarda Colombia, que vai será a derradeira traba para presentarse nunha final á que tamén optan Catalunya e Rusia.


As galegas derrotaron cunha superioridade absoluta (a que reflexa o marcador) a un equipo que resolvera os seus dous encontros anteriores con cadansúa goleada, o que lle permitía chegar como seria candidata ao título. Mais Galiza deu a sorpresa e as xogadoras que nos representan estanse a facer xa cun oco na historia do noso deporte. Xa o tiñan, xa lles pertencía independentemente dos resultados, pero estes ratifican que deportivamente estamos nun momento moi doce.

A atención que se lle está a prestar a este histórico evento segue a ser moi cativa. Falta por ver se coa chegada dos bos resultados irá medrando o interese nos medios galegos convencionais e maioritarios.

Con ou sen publicidade, somos conscientes da importancia histórica deste fito. Adiante!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis