Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

04/10/2008 GMT -1

GALIZA XOGARÁ A FINAL DO MUNDIAL DE FUTBOL SALA FEMININO

augasceives @ 19:12

O que se está a disputar en Reus é un Mundial histórico xa dende antes de comezar. Sen mirar os marcadores. Era o primeiro evento oficial no que unha Selección Galega (fútbol sala feminino) competía en igualdade de condicións con representación doutros pobos do mundo. Non eramos favoritas, pero Galiza xogará a Final do Campionato do Mundo contra Catalunya logo de eliminar esta mesma tarde a Colombia. Despois do 3-3 ao remate do encontro, as galegas superaron nos penaltis ao combinado Sudamericano e agardan na final á anfitrioa Catalunya.

 Non foi doado, a diferenza do que acontecera onte nas semifinais contra Arxentina, hoxe houbo que sufrir para presentarse na final de mañá (ás cinco da tarde) contra o equipo catalán, que deixou no camiño a Rusia.

Sobre a atención mediática, cómpre salientar que como era de prever o Mundial deu o salto á CRTVG. A televisión pública, na canle da TDT ha televisar mañá a gran final.

Vai ser moito máis ca un partido, é un trunfo xa antes do comezo do encontro. É un golpe aos que tanto lles escocía a nosa participación oficial a nivel internacional.

 

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis