Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

10/10/2008 GMT -2

EXISTEN CASTIGOS POLÍTICOS NA MÚSICA POPULAR?

augasceives @ 03:52

Rematou a festa das bandas de música da provincia de Pontevedra, un ano máis, a repercusión mediática foi case nula, salvo breves reseñas nas edicións locais da prensa escrita o evento foi algo que de non ser polos verdadeiros protagonistas, os músicos populares, apenas traspasaría o as paredes do Pazo da Cultura da cidade do Lérez.

Pero se imos por partes, os resultados,  de cada unha das seccións son os que aquí aparecen.

Terceira Sección:

1.        Unión Musical de Cabral>>>>Primeiro Premio

2.       Agrupación Musical Unión de Lantaño>>>>Segundo Premio

3.       Ateneo Musical de Bembrive>>>>Terceiro Premio

4.      Banda de música de Chapela

5.       Banda de Música Cultural de Mondariz

6.      Banda Escola Unión Cultural de Campo Lameiro

Segunda Sección:

1.        Banda de Música Municipal de Agolada>>>>Primeiro Premio

2.       Banda de Música de Xinzo de Ponteareas>>>>Segundo Premio

3.       Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia>>>>Terceiro Premio

4.      Banda de Música Xuvenil de Torroso

5.       Agrupación Musical de Belesar

6.      Banda Municipal de Caldas de Reis

7.       Banda de Música Popular de Tui

Primeira Sección:

1.        Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira>>>>Primeiro Premio

2.       Asociación Cultural Musical de Ponte Ledesma>>>>Segundo Premio

3.       Banda de Música de Catoira>>>>Terceiro Premio

4.      Banda Municipal de Valga

5.       Agrupación musical de Vincios

Sección Especial:

1.        Banda de Música de Lalín>>>>Premio Premio

2.       Banda Artística de Merza>>>>Segundo Premio

3.       Unión Musical de Valadares>>>>Terceiro Premio

Algo moi sinxelo de facer, e non debería custar moito publicar na prensa algo semellante a isto; en fin, peor son os “amigos da Deputación Provincial de Pontevedra” que aínda hoxe non teñen publicado absolutamente nada dos resultados na súa páxina web oficial.

Agora imos coa crítica e sen meternos, de momento, no xustos ou inxustos que foron os resultados, pois a decisión foi a dun xurado cualificado e iso xa é inamovíbel, aínda que sí hai cousas das que se pode falar.

As obras obrigadas un ano máis foron decepcionantes e apaixoantes a partes iguais; o curioso é que as obras obrigadas a interpretar foron as únicas de autoría ou temática galega. Resultou que as obras da Sección Especial: Dutika Mere (Costa da Morte) de Xulio Montero e maila da Sección Terceira, Os sons do camino de F. García Hurtado resultaron unha… imos dicir "tomadura de pelo" para quedar curtos. Obras ingratas de traballar e bastante mediocres para o nivel que amosan as nosas bandas. Pola contra as da Sección Primeira, Variacións Sinfónicas para nenos de Xosé Luís Represas e maila da Sección Segunda, Pontus Veteris de Ángel A. Montes acadaron mellor aceptación e gratitude por parte dos músicos intérpretes. O certo é que destes dous últimos compositores estamos afeitos ao seu bo facer no campo da composición de música orixinal para banda de música.

Sen  deixar de lado certas anécdotas dignas de mencionar. En primeiro lugar citar a un xornalista de “La Voz de Galicia” que responde  as iniciais de E.M.I. pois el só colocou a máis de 2.000 intérpretes e 120 agrupacións neste evento. Resulta que en toda Galiza non existen federadas semellante número de bandas e o curioso é que dous mil interpretes repartidos en 120 agrupacións, segundo isto, non chegan aos 17 músicos por agrupación, cando na sección especial participaron bandas de 81 a 115 interpretes…Demostra isto que o citado pseudoxornalista puxo todo o seu “interese” e “dedicación” en cubrir a nova do Certame Provincial, tamén tivo outro momento de lucidez cando puxo a banda gañadora da segunda sección, Municipal de Agolada con menos puntos ca segunda clasificada, Xinzo de Ponteareas, agora nas matemáticas resulta que 279 puntos son máis e maiores ca 291 (non cabe dicir que gaña aquela agrupación que máis puntos acade) e o peor non vai ser iso senón que as puntuacións correctas foron de 297 Agolada e 294 Xinzo de Ponteareas…case lle digo que cambie de fontes, ou que contraste a información porque remitíndonos ao artigo anterior sobre este asunto, vai a medio de desinformación está feito La Voz.

A segunda das anécdotas chega desde o Deza e resoa na sección especial, caso curioso que a continuación imos relatar. Resulta que no pasado verán houbo un derroche de capital por parte da Deputación creando uns certames onde se medirían as distintas bandas pertencentes a unha mesma comarca. O certo é que no Deza foi un fracaso e só se presentou unha banda, e digo ben, só unha!  A Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira, que se presentou voluntariamente polo incentivo económico que iso supuña. Ante tal fracaso de asistencia axiña comezaron as presións por parte dos alcaldes dos municipios  instigados pola Deputación. Aínda así e dando unha auténtica lección de principios e conviccións as restantes bandas non se presentaron pois consideraban que se debería investir eses fondos doutro xeito; levando a música de banda alí onde non a teñen por exemplo.

O caso é que sucedeu algo extrano, non se sabe como e rematado o prazo oficial, participou unha nova agrupación nese certame comarcal, a Banda de Música de Lalín. Pareceu que o conto morreu alí pero non foi tal, novas sombras de incertidume apareceron cando rematado o prazo de inscrición para concorrer ao certame provincial a Banda de música de Lalín non tiña obra libre escollida cando as demáis 20 agrupacións participantes xa enviaran a súa elección, e tamén resultou curioso que a obra libre finalmente escollida fose da autoría dun compositor que finalmente resultaría ser un dos 5 membros do xurado cualificador. Pasou o día e gañou na máxima sección a xente de Lalín…rendiron a un bo nivel, pero mereceron gañar? Puido ser un castigo político para a Artística de Merza por non asistir ao comarcal?

E do mesmo xeito ocorreu na primeira sección, castigouse a Unión Musical de Ponteledesma por non asistir ao comarcal do Deza? Desexamos que non houbese trato nin devolución de favores no Provincial pola asistencia ao fracaso do certame comarcal dezao; quizais se disipe un chisco a dúbida…ou non, dicindo que Agolada venceu en segunda sección e non acudiu ao comarcal. Pódese dicir que é moi representativo dunha agrupación que espalla a cultura que os seus representantes sexan políticos; observouse que os premios e accésits das bandas participantes e gañadoras do Provincial foron recollidos polos músicos das mesmas bandas agás nos de Lalín.

Do que estamos certos é que fora como fose, o Deza colleitou tres primeiros premios e dous segundos, o que demostra o enorme nivel musical que alí podemos encontrar.

Quizais un artigo deste tipo resulte como tirar pedras ao mesmo tellado da casa dun pero… se non se fala disto aquí, onde se vai falar? Na Coz de Galicia?

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis