Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

05/11/2008 GMT -4

O CONCELLO DE VIMIANZO EXEMPLARIZA O COMPROMISO DO PSOE COA LINGUA

augasceives @ 14:12

Malia as campañas propagandísticas dos fascismo españolista e antigalego, o certo é que as políticas de normalización lingüística do noso idioma deixan moito que desexar para poder convertérense en verdadeiramente efectivas. A Dirección Xeral de Política Lingüística e a persoa que a dirixe non son as máis adecuadas para confiarlle o futuro da nosa lingua. Esta tarefa está en mans de persoas anónimas, de entidades comprometidas e de colectivos e asociacións de base verdadeiramente conscientes da necesidade e da situación do galego. A vontade das administracións non vai por ese camiño, para exemplo o Concello de Vimianzo (PSOE), que vén de suprimir o SNL municipal.

 

Tiramos a información da Coordenadora deTraballadores pola Normalización Lingüística, que xa se puxo en contacto co Concello de Vimianzo para pedirlle que recúe na decisión: “o Concello de Vimianzo decidiu eliminar de xeito inxustificado o seu Servizo de Normalización Lingüística, para o que despediu ao técnico responsábel e rexeitou a axuda económica de 12.000 euros anuais que a Deputación da Coruña lle concedía para o mantemento deste servizo durante o período 2009-2011 (36.000 euros en total). O acordo foi tomado na Xunta de Goberno Local do pasado 20 de outubro”. Isto vai na dirección de moitas administracións locais, que cun compromiso cero coa lingua galega crean o Servizo de Normalización Lingüística para unicamente facer propaganda (aínda que o responsábel dese servizo faga un bo traballo) e despois suprímeno argumentando recortes de gastos crendo que é prescindíbel. Mais se cabe, este caso é máis grave pois estase a rexeitar unha cuantiosa subvención.

En realidade, isto vén a ser a política lingüística do PSOE. Algún día afondaremos máis polo miúdo na xestión dos fondos públicos que fai a SXPL. Concede subvencións co único requisito de facer un simple cartel en galego ou exemplos semellantes. É de entender que iso é o normal!! Esa fonte de achegas públicas estase a empregar de xeito que son uns cartos máis para financiar calquera proxecto ou organización dun acto. Despois, na realidade de moitos casos, nin o propio acto se realiza en galego ou non serve para fomentar a normalización do uso do noso idioma. É un verdadeiro escándalo a xestión que se fai desas subvencións.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis