Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

22/01/2009 GMT -6

NON MÁIS CARTOS PÚBLICOS PARA A PROMOCIÓN DO SEXISMO

augasceives @ 18:09

O tan anunciado cambio que o bipartito prognosticou á súa chegada á Xunta decepcionou a moitos por morno e cativo. O continuísmo en moitas políticas primordiais e a timidez no tocante a necesidades chave para o País fan que moitos departamentos do Goberno Galego cheiren aínda a tempos pasados. Un dos casos aos que nos temos referido aquí é o escándalo das subvencións públicas da Consellaría de Educación a centros que educan en valores franquistas establecendo discriminacións sexistas intolerábeis. Afortunadamente albíscase a fin destas concertacións logo da indignación popular expresada.

 

A presión popular asentouse unha vez máis na voz de sindicatos e colectivos que esixiron a inmediata retirada do financiamento a estes centros responsábeis da segregación por sexos. Por unha vez, a administración reaccionou e atendeu estas demandas. Así, a Consellaría de Educación vén de publicar a orde que establece a incompatibilidade da educación diferenciada por sexos coa posibilidade de percibir fondos públicos. Na práctica, deixar de inxectar cartos de todos e todas aos cinco centros de adoutrinamento fascista pertencentes ao Opus Dei.

Con todo, e como resposta a esta medida de xustiza necesaria, o director dun dos centros supostamente afectados anunciou xa a posibilidade de levar aos tribunais á propia Consellaría de Educación por esta medida. A súa indecencia é infinita, tan inmensa como o seu estancamento nas covas do pasado franquista no que a educación se refire. Dóelles, non tanto a oposición social á súa idea de educación senón o deixar de percibir inxentes cantidades dos nosos impostos para executar os seus trasnoitados conceptos.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis