Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

02/11/2009 GMT -1

ASINADO O CONVENIO DO METAL

augasceives @ 17:01

O exemplo de loita que deron os traballadores do metal pontevedrés durante os meses maio e xuño fica na memoria colectiva e é tomado pola clase obreira doutros lugares e sectores. Esforzáronse e loitaron polo que consideraban xusto, polas súas condicións laborais, enfrontándose á violencia legal do Estado e padecendo na súa pel os pelotazos de goma da Policía. Son os protagonistas dun conflito temido pola súa forza e capacidade de cuestionar calquera sistema establecido, de colapsar a anormal normalidade. Detrás están as centrais sindicais e os seus intereses, as dúas oficiais (CCOO e UXT), a CIG (maioritaria) e outras de menos representatividade. Na unidade sindical son invencíbeis, mais cando esta racha a patronal e os gobernos aproveitan a fenda para seguir consolidando a súa posición abusivamente dominante.

 

Logo dunha durísima folga que constituíu toda unha demostración de forza e determinación, foi rexeitada en asemblea a proposta dos chamados mediadores (que calcaba as pretensións dos empresarios). Á chegada do verán, o conflito quedou en suspenso pola insostibilidade económica do conflito, que batía con forza nos petos dos traballadores. As “negociacións” retomáronse nas últimas datas e hoxe forzouse un acordo que se asinou de costas aos traballadores, e no que incluso a patronal se dividiu non asinando parte dela.

A centrais españolas deseñaron un pseudo-referendo a semana pasada no que se propuña votar o mesmo acordo xa rexeitado hai varios meses. A CIG desmarcouse do que considerou como unha “mascarada”, co que a central maioritaria do sector fica fóra do acordou que vai rexer até finais de 2011. Estratexias políticas á marxe, a cesión dos sindicatos oficiais posibilitou que a patronal albiscara unha división que aproveitou gustosamente. A suposta consulta realizouse sen garantía ningunha, animada polos empresarios nalgúns casos, que mesmo votaron e facían o reconto. O convenio que hoxe se aprobou non regula a contratación no sector, afirma a CIG como outra das razóns para rexeitar o documento.

Fóra das mesas de negociacións e dos acordos, os traballadores son os que se enfrontan a sancións económicos e xuízos, o outro resultado dos enfrontamentos nas rúas. Curiosamente, a práctica totalidade deles da CIG. Alén de que puideran ser máis ou menos acertadas as estratexias políticas que as centrais sindicais mesturaron no conflito, o que queda é a determinación dos traballadores, capaces de pór en dúbida a paz que impoñen a disparos e a orde que ditan en xuízos.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis