Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

# Augas Ceives

pola nosa lingua_en pé

30/01/2010 GMT -1

CARGAS POLICIAIS SEGUEN A SER A RESPOSTA A MOBILIZACIÓNS LABORAIS

augasceives @ 10:24

Aínda que a principal loita na que o pobo galego se ve arestora é a batalla pola lingua, a loita pola supervivencia do noso idioma propia, esta grande guerra non esconde non esconde conflitos menores. Tal e como discorreu o ano pasado, con conflitividade laboral a eito e traballadores a resistir, Galiza enteira segue a ter múltiples puntos vermellos no mapa das mobilizacións. Na Coruña tivo lugar a que reuniu a máis de medio milleiro de bombeiros de todo o país, en pé contra a posibilidade da privatización do servizo de emerxencias. Fixeron acto de presenzas as Forzas de Seguridade do Estado e o panorama polas rúas da Coruña rematou como adoita rematar cando a brutalidade policial campa ás súas anchas sementando o caos alí onde actúan. Cinco feridos foi o resultado da súa intervención, resultando feridos mesmo xornalistas que estaban a realizar o seu traballo.

 

O irracional da súa violencia non atende a destinatarios, e tanto pode ser agredido calquera participante na manifestación, como xornalista que traballe nas inmediacións ou viandante que lle cadre a pasar pola zona. Así foi o caso de onte. A xestión, na práctica privatizada, que están a ter os parques comarcais era o branco e os motivos da manifestación, que rematou ás portas da Deputación da Coruña á espera de podérense reunir co Presidente os representantes sindicais. Isto non foi posíbel debido á negativa de Fernández Moreda, ocupante da cadeira provincial.

Como veu acontecendo durante todo o ano pasado en manifestacións e mobilizacións laborais de toda caste, esta estivo marcada pola non atención do dirixente político en cuestión e pola brutalidade policial. A violencia legal tennos acostumados a facer acto de presenza en cada escenario no que se albiscan trazos de desobediencia, mais non por iso é merecente de ser condenada sempre.

Ao fío dos acontecementos, a Asociación de Prensa da Coruña (APC) emitiu un comunicado manifestando a súa “máis enérxica repulsa pola carga policial”.

Comentarios non permitidos para este Post

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis