Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

# Augas Ceives

pola nosa lingua_en pé

06/02/2010 GMT -1

A RESISTENCIA DESMONTA 55 FALSIDADES DA GRANDE MENTIRA

augasceives @ 15:27

55 mentiras sobre a lingua galega” é o título dun ensaio coordinado por Xosé Henrique Costas, editado pola plataforma Prolingua en Laiovento. É a escolma dos prexuízos máis habituais que xiran arredor do noso idioma e que supoñen o asentamento de crenzas falsas entre esa parte feble da sociedade que chega a asumir as falacias dos negacionistas do galego. Cada un deses 55 prexuízos é respondido cunha argumentación contundente que deixa en cueiros a esas falsidades. A Plataforma Prolingua impulsou a orixinal iniciativa de facer a presentación conxunta e simultánea desta obra en máis de 60 puntos do noso territorio e tamén en cidades e vilas de todo o mundo, alén das nosas fronteiras. Ao final foron preto de 70 os lugares en todo nos que se celebrou o acto, cunha asistencia conxunta de preto de 5000 persoas. Outro éxito máis da resistencia e da dignidade dun pobo en pé.

 

Presentación en Vilagarcía de Antón Dobao empregou no acto de Compostela o termo “multitude real”. Así é. Porque o sentir maioritario da sociedade consciente galega é o do rexeitamento firme ás políticas liquidadoras do Goberno da Xunta, ás actitudes galegófobas expresadas e resumidas nas bases da chafallada de decreto que seica han presentar definitivamente este mes.

(a imaxe corresponde á presentación en Vilagarcía de Arousa)

A Coruña, A Estrada, Allariz, Baio (Zas), Baiona, Barcelona, Bethelem (Palestina), Bos Aires (Arxentina), Bruxelas (Bélxica), Bueu, Cacheiras-Teo, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Carballo, Carnota, Celanova, Cerceda, Chantada, Copenhague (Dinamarca), Corcaigh/Cork (Irlanda), Cotobade, Cuntis, Fene, Ferrol, Gondomar, Guitiriz, Lalín, Lisboa (Portugal), Londres (Gran Bretaña), Lubián (Zamora), Lugo, Madison (Wisconsin, EEUU), Madrid, Marín, Melide, Moaña, Monforte, Nablús (Palestina), Nigrán, Noia, Nova York (EEUU), O Barco, O Grove, Ourense, Padrón, París (Francia), Pobra de Trives, Ponferrada, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Ribadavia, Ribadeo, Ribeira, Salceda de Caselas, San Martiño de Trebello (Val do Ellas, Extremadura), Santiago, Saraievo (Bosnia), Trintxerpe (Guipúzcoa), Tübingen (Alemaña), Tui, Verín, Viana do Bolo, Vigo, Vilafranca do Bierzo, Vilagarcía, Vilalba e Gasteiz (Euskal Herría). Velaquí a listaxe de mundos que por todo o mundo tomaron a palabra e ergueron a voz nunha outra manifestación dos extremistas. Foron actos todos eles emotivos, de orgullo, dignidade e compromiso co idioma. Tamén de solidariedade, máis de 20 nacionalidades representadas entre os e as que tomaron parte nas presentacións.

Prosigue, polo tanto, a resistencia. O combate da razón contra o disparate, a loita da lóxica contra a irracionalidade, a do pobo contra o Goberno. Nas rúas e en actos comas os de onte, mais tamén á cara. A seguir deixamos a ligazón a un vídeo moi recomendábel no que unha boa representación de mestras e mestres lle expoñen a Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, unha xeira de motivos para facerlle ver que entrou nunha espiral de parvadas que consumaron na elaboración desas polémicas “bases do borrador”. Déixano nun verdadeiro ridículo do que sicario de Feijóo non sabe saír. Pódese ver aquí o video, na web vimeo.com, no que durante unha xornada de formación dos premios en innovación á Normalización Lingüística os presenten mesmo se rin da incoherencia do dirixente do PP.

Comentarios non permitidos para este Post

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis